Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardopondal.jpg

O himno galego, coñecido como Os Pinos, é o himno de Galiza como entidade política. O texto está tirado do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, concretamente das dúas primeiras partes, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Estreouse na Habana o 20 de decembro de 1907 e foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos ata ser prohibido durante as ditaduras de Primo de Rivera e Franco, para rexurdir timidamente e só nos actos culturais durante a transición, sen aparente significado político. En 1975, durante a festa do Apóstolo en Santiago, os asistentes comezaron a entoalo e, ao ano seguinte, incluíuse entre os actos programados na Praza da Quintana, sendo ratificado polas autoridades competentes asistentes ao acto. Finalmente, a maioría dos partidos non nacionalistas asumírono no decorrer da campaña electoral de 1977.