Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, prototipo de cabaleiro feudal.

Foi un home belicoso e incansable que, dunha orixe bastarda e contra todo prognóstico, ergueuse ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e o seu tempo. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.