Wikipedia:Marcadores de bandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un gran número de páxinas contan con listas de países, cunha tripla referencia a cada país:

  • Unha referencia visual, a bandeira do país.
  • Unha referencia léxica, o nome do país.
  • Unha ligazón ao artigo do país en cuestión.
  • Nota: ademais estas referencias tamén se inclúen en distintas táboas, como por exemplo de personalidades, monumentos, ríos...

Unha serie de modelos permiten engadir esta tripla referencia, son os chamados marcadores de bandeira.

Dous exemplos de utilización de marcadores de bandeira, un nunha listaxe e outra na táboa dun artigo

Utilización[editar a fonte]

Para incluír un marcador de bandeira basta con poñer nun artigo {{CÓDIGO_DO_PAÍS}}, por exemplo {{GAL}} dá como resultado Galicia Galicia.

Todos os marcadores inclúen ademais a opción de utilizar só a bandeira, para iso hai que poñer {{CÓDIGO_DO_PAÍSb}}, por exemplo {{ITAb}} dá como resultado Italia. Ademais algúns marcadores dan a opción de incluír unha ligazón á selección nacional de certo deporte dese país, por exemplo incluíndo {{FRAf}} aparecerá Francia Francia (coa ligazón á selección nacional de fútbol de Francia), ademais de as seleccións de fútbol, tamén hai ligazóns a outros deportes, como o rugby, así poñendo {{ENGr}}, incluirase no artigo Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra (coa ligazón á selección nacional de rugby de Inglaterra).

Os marcadores non só serven para incluír países actuais, senón tamén desaparecidos, como os marcadores {{URS}} e {{ESP-1931}} que dan como resultado Unión Soviética Unión Soviética e Segunda República Española España respectivamente.

Para a lista completa de todos os marcadores de bandeira vexa Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe.

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]