Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Plano da vila de Cangas.png
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Plano da vila de Cangas.png[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 2-4-2014 - 17-4-2014
SI: 2 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 2 de abril de 2014 ás 20:55 (UTC) (Período de votación: dende o 02-04-2014 ata, polo menos, o 17-04-2014)[responder]
- Información: Cargada por: Susana Freixeiro
- DESCRICIÓN: Plano da vila de Cangas. Imaxe proposta por un usuario que non cumpría os requisitos para propoñer, creo que non ter unha antigüidade ou un número de edicións determinadas non é motivo para que a comunidade non poda decidir sobre a calidade dunha foto ou dun artigo (sobre esto xa fixen unha proposta na taberna). Eu non concordo con poñela na portada, pero aínda así creo que a comunidade debe ter o dereito a decidir sobre ela. Aceptanse ideas para a descrición. --Piquito (conversa) 2 de abril de 2014 ás 20:55 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo Cambio de opinión. Está bastante ben sendo png e non svg-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de abril de 2014 ás 16:19 (UTC)[responder]
- Non vexo as cousas igual cós demais que votaron antes, pero a imaxe é moi pequena-- Lmbuga / Conversa comigo 6 de abril de 2014 ás 16:22 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2014 ás 17:36 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo polo mesmo que no seu día expuxen co plano das illas Cíes: o texto non se aprecia na portada e creo que na portada non lucen este tipo de imaxes a pesar de ter gran valor enciclopédico. Piquito (conversa) 2 de abril de 2014 ás 20:55 (UTC)[responder]
- Discordo Non a vexo axeitada para a portada. --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2014 ás 23:47 (UTC)[responder]
- Discordo Non só coa imaxe, tamén coa proposta. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 07:41 (UTC)[responder]
- Discordo, non é unha imaxe para a portada. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 10:58 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Piquito, as normas son as que son, e cómpre respectalas, aínda que podan ser melloradas. O que non se pode facer é xogar co sistema para apoiar o teu punto de vista. Se non che gusta a política, podes propor cambiala. Mais as normas que temos son as que nos permiten decidir cómo conducirnos con certo éxito: se cadaquén comeza a facer o que lle peta, pois apaga y vámonos. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 07:41 (UTC)[responder]
- Varias cousas Norrin, contéstoche aquí porque comezaches neste fío:
- Eu cumpro todos os requisitos para abrir votacións, polo tanto a proposta é totalmente legal.
- Xa propuxen na taberna cambiar ese apartado (moito antes de propoñela, por certo).
- Este non é o lugar para debatir estas cousas, se tes algo que dicirme tes a páxina de conversa, esto é para falar da imaxe, non para as túas apreciacións persoais sobre os meus xeitos de proceder.
- Se consideras que xogo co sistema e que teño comportamentos malos para a comunidade podes pedirlle a un administrador o meu bloqueo (se es administrador, que non o sei, podes bloquearme ti mesmo), e se o estima oportuno me bloqueará polo tempo que estime oportuno.
- Por outra banda, non me parece en absoluto correcto que cando un usuario abra unha votación sen cumprir os requisitos se borre do mapa a votación en lugar de pechala e arquivala como se fai con todas. Non sei quén o fixo, mais a min paréceme feo. Piquito (conversa) 3 de abril de 2014 ás 09:42 (UTC)[responder]
- Varias cousas Norrin, contéstoche aquí porque comezaches neste fío:
Contéstoche brevemente para rematar.
- A proposta é legal, mais é unha proposta a modo de protesta, como ti mesmo explicas na descrición da imaxe.
- Certo que o propuxeches na taberna.
- Non é lugar para debater isto, mais ti mesmo comezas unha votación a modo de protesta por unha política que é clara.
- Non quero que penses que estou na túa contra. Penso que cómpre respectar as normas e non entendo porqué abriches unha proposta de imaxe destacada para votar ti en contra. Se iso non é para protestar, ti dirás porqué o fixeches. Non se trata de bloquear a ninguén, trátase de despectarnos e respectar as regras. Considero de interese as túas achegas, mais tamén creo que debía dicir isto para que quedara claro.
Se che ofendín, as miñas desculpas. En canto ao último que comentas, a votación bórrase porque é incorrecta. Arquívanse as votacións cando a imaxe resulta rexeitada, non cando a proposta é incorrecta. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 09:59 (UTC)[responder]
- O fixen porque considerei que pode haber usuarios que consideren a imaxe de interés para a portada, para que a podan votar, e como eu votaría en contra, votei en contra. Se se eliminan as votacións que son incorrectas, por que non se eliminan as miñas propostas retiradas (Lista das óperas máis importantes e SIDA)? Nas dúas houbo irregularidades (a primeira era unha autoproposta que non estaba permitida e a segunda incumpría un dos requisitos), creo que se deberan eliminar tamén esas dúas. Piquito (conversa) 3 de abril de 2014 ás 10:29 (UTC)[responder]