Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Rio Mera.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 5 a favor, 1 en contra. Elíxese como imaxe da semana.
Ficheiro:Río Mera.jpg[editar a fonte]
- Información: Río Mera ao paso pola Illa de Mera na parroquia de Mera de Abaixo no concello de Ortigueira. Imaxe creada por Céltigos e cargada por Céltigos; proposta por Prevert. --Prevertgl 18:08, 24 xuño 2009 (UTC)
- Comentario pertence ao tipo de imaxes que serven para cartografar cada un dos recunchos da xeografía e a natureza do noso país. Segundo o rexistro de imaxes da semana o Río Mera non apareceu nunca nas imaxes destacadas que ilustran os cursos fluviais de Galicia. Tecnicamente ten calidade abonda. --Prevertgl 16:11, 10 xullo 2009 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Prevertgl 18:08, 24 xuño 2009 (UTC)
- Concordo. Ríos, fontes ... sempre lembran algo ElviraConversa comigo 05:28, 25 xuño 2009 (UTC)
- Concordo. Véxase comentario-- Lmbuga / Conversa comigo 17:36, 21 xullo 2009 (UTC)
- Concordo Alberte Si, dígame? 13:34, 22 xullo 2009 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 22:06, 10 agosto 2009 (UTC)
- En contra
- Discordo. Coido que non dá o nivel para aparecer na portada. --Atobar (conversa comigo) 22:08, 28 xuño 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario. Non dou decidido o voto sobre esta imaxe. Observo en contra a calidade da mesma cando se amplía, pero ten a favor tantas cousas coma as que ten en contra pois é unha foto moi difícil de facer e de compoñer: A composición é moi boa, o verde da dereita é o que dá a altura da imaxe; é certo que a parte superior está algo queimada, pero os espazos terreos sobre o río están perfectos (conseguir ámbalas dúas cousas sen photoshop é case imposible); encántame a variabilidade da auga. Dubido se votar neutro ou concordar. Normalmente, cando dubido, reparo no usuario e, se é un usuario novo ou con poucas imaxes propostas, voto a favor; se é un usuario con moitas imaxes propostas, voto en contra ou non me expreso. Non lembro moitas imaxes de Céltigos propostas e creo que esta é, en grande parte, meritoria-- Lmbuga / Conversa comigo 17:36, 21 xullo 2009 (UTC)