Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:O Portiño, Visma, A Coruña, Galiza.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 4 a favor e 1 en contra (proposta 1), 2 a favor e 1 en contra (proposta 2). Non se elixe ningunha das dúas imaxes.
Ficheiro:O Portiño, Visma, A Coruña, Galiza.jpg[editar a fonte]
- Información: As portas do vento no Portiño, parroquia de Visma, A Coruña. Imaxe creada por luscofusco e cargada por Lmbuga; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 23:43, 2 xaneiro 2010 (UTC)
- A favor
# Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 23:43, 2 xaneiro 2010 (UTC)
# Concordo --Atobar (conversa comigo) 17:32, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo Grazas Lmbuga. Troquei o nome do ficheiro pero deixote amañar a info que vai debaixo. Este monumento si que me gusta, pode que represente a sensibilidade galega do equilibrio na espiritualidade que nos abre ao mundo !(non sei si dixen ben o que penso) Elvira (conversa comigo) 18:01, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo. Xa ten título correcto. (Grazas Elvira)-- Lmbuga / Conversa comigo 20:24, 14 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 22:17, 17 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:33, 21 febreiro 2010 (UTC)
- En contra
Discordo A imaxe ten un título incorrecto como se pode ver nos comentarios, Ollo!, os datos da proposta tamén son incorrectos-- Lmbuga / Conversa comigo 17:17, 9 xaneiro 2010 (UTC)
- Discordo. Penso que é escura de mais. --HombreDHojalata conversa 19:34, 11 febreiro 2010 (UTC).
- Comentarios
Comentario Perdoade a intromisión, pero isto non é en Meicende. Ademais, o nome da parroquia non leva artigo. Sucador 13:05, 5 xaneiro 2010 (UTC)
Comentario Non é intromisión ningunha. Agradeceríache que, se podes, dixeses onde está situada a escultura. No mapa da páxina de Flickr está situada en Meicende. Pode ser incorrecto. Terei que non fiarme dos mapas. Creo que, ata que este asunto estea claro, a imaxe non pode ser aprobada-- Lmbuga / Conversa comigo 02:24, 8 xaneiro 2010 (UTC)
Comentario Ola. Pois si, é incorrecto. Nunca tiven diante ese monumento, pero segundo o Flickr, é no Portiño, un lugar da parroquia de San Pedro de Visma (A Coruña). Polas pistas que atopei no Flickr penso que debe de ser aquí: 43°22′38″N 8°26′46″O / 43.37723, -8.446143. Sexa onde sexa, é un monumento ben curioso. Sucador 20:59, 8 xaneiro 2010 (UTC)
Comentario Desculpa o que pode parecer teimudez pola miña parte, quero que conste que non o é. Eu tamén observei eses datos en Flickr (os do Portiño), pero a imaxe está nesa mesma páxina de Flickr (columna da dereita, ó final) localizada en Meicende. Gustaríame dar por seguro que ti tes experiencia vital persoal para afirmar que está no Portiño, gustaríame saber que a información que tes non é a de Flickr (esa podería ser algo máis valiosa cá miña, pero dubidosa como a miña). Cando che preguntaba onde estaba, preguntaba polos teus coñecementos, non é preciso que os fundamentes e menos en Flickr pois todo o que hai en Flickr é dubidoso-- Lmbuga / Conversa comigo 23:11, 8 xaneiro 2010 (UTC)
Comentario Acabo de reler toda a conversa que tivemos e darme de conta de que dixeras xa que nunca tiveras esa estatua diante. Entendo entón que os teus datos son de Flickr, e son datos contraditorios cos datos que na mesma páxina aparecen. Creo que os teus datos son máis relevantes cós meus. Mañá poñereime en contacto co autor das foto para preguntarlle onde está situada, pero, se non responde, terei que retirar a proposta da imaxe para ser imaxe da semana por haber incongruencias. A bo seguro que habería máis medidas que tomar, pero prefiro non agoirar-- Lmbuga / Conversa comigo 23:25, 8 xaneiro 2010 (UTC)
- Creo que o máis probable é que teña que retirar esta proposta e volver subir a imaxe con outro nome-- Lmbuga / Conversa comigo 23:39, 8 xaneiro 2010 (UTC)
Comentario Ola. Ten toda a razón Sucador esa imaxe está no Portiño. O nome da obra é Fiestra aberta ó mar e aquí tedes os datos da obra [1]. Para o meu gusto hai mellores fotos da obra en Flickr.--PepedoCouto (dimo aquí) 11:34, 9 xaneiro 2010 (UTC)
Comentario Moitas grazas PepedoCouto pola axuda na clasificación da imaxe. Ía retirar a proposta así que puidese e da maneira que se me ocorrese. Pero, tras a túa reflexión sobre o de que hai mellores imaxes en Flickr, e considerando que a esa reflexión eu considero adecuado responder con malas palabras, o mellor é que me retire desta páxina e non volver editar aquí, pois palabras como as túas son demasiado frecuentemente referidas e por usuarios de prestixio. Con todo e mantendo un mínimo talante podo aducir:
- Se hai mellores imaxes, contribúe mellor do que eu o fago e propón ti. Abofé que hai no mundo mellores imaxes ca esta sobre o mesmo motivo. Abofé que podemos encontrar moitas imaxes mellores cás propostas a imaxe da semana, pero hai que atopalas, hai que subilas e teñen que permitir obras derivadas e uso comercial.
- Hai millóns de imaxes en Flickr, pero só 10 de cada 100 (é unha suposición, quizais non sexan tantas ou sexan máis) son compatibles coa Galipedia.
- Teño máis sitios onde perder o tempo ca aquí. Retiro o meu voto. Veremos se me digno a subir a imaxe con outro nome. Supoño que o farei así que se me pase o mosqueo, que non é coma sempre un mosqueo persoal, é un mosqueo co colectivo, por estar a permitirse o que se permite, por exemplo, considerar criterio aducible que en Flickr haxa mellores imaxes, ou que as haxa nas enciclopedias en papel-- Lmbuga / Conversa comigo 17:13, 9 xaneiro 2010 (UTC)
- En definitiva, eu teño o meu tempo e teño dereito a perdelo ou a gañalo no que me dea a gaña. Se se observan as demais contribucións miñas que están actualmente como comentarios nesta páxina, verase que estou fóra de lugar e que aquí non gaño tempo, pérdoo-- Lmbuga / Conversa comigo 17:22, 9 xaneiro 2010 (UTC)
- @ Lmbuga : Eu entendo que te sintes rexeitado Lmbuga. Si o dis é a túa verdade, e como tal respetable. Eu podoche asegurar que Pepe de Couto non te rexeita (olla o seu historial de conversas, tanto nas páxinas de usuarios, como nos espazos da comunidade). Ainda que non sexa a túa intención (xa que falas de colectivo e non de persoal), poís no meu entender nesta conversa Pepe de Couto non te critica, só opina, mentras que co dis ti podese imaxinar que Pepe de Couto sintase ofendido. Non sera o caso porque semella home mui tranquilo, il xa dira, ou non dira nada. Por outra banda dis moitas cousas que me dan ganas de comentales. Pero isto non é un foro. Só decirche ca misión principal dos administradores e de protexer a Galipedia e fazer as tarefas de mantemento que necesitan as ferramentas que teñen. O que si son poucos e si propoñen Prevert co seu acordo, eso si sería únha grandissima axuda na comunidade. Tamén penso que somos algúns a axudar no das imaxes (cada quen no que pode), e despoís de ti penso que XabierCid é o que ten máis competencias para cumprir coas regras. Sen maís Lmbuga, xa sabes demasiado todo o respeto que teño para tí e para o teu traballo na Galipedia. A ver si sigués con nós na imperfección e deixas de por-te ao lado. E tranquilamente Lmbuga, sáudoche co respeto e a cordialidade de sempre. Elvira (conversa comigo) 18:01, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Pasei por aquí coa intención de votar as novas imaxes que puidesen ser propostas, coa intención de tirar para adiante e colaborar. A miña sorpresa é que non hai máis imaxes, cousa que non me estraña, pois non hai criterios de votación. Pasou bastante tempo desde a miña última participación neste fío (fío que debeu ser pechado fai moito tempo) e o mundo cambiou. ROGO QUE SEXA INMEDIATAMENTE PECHADA ESTA VOTACIÓN E SE SIGAN AS POLÍTICAS DA WIKIPEDIA QUE FORON APROBADAS OU QUE SE VARÍEN TEMPORALMENTE DE XEITO QUE TODOS SAIBAMOS A QUE ATERNOS. ROGO QUE SE REXEITEN OS VOTOS FÓRA DE TEMPO E QUE SE É NECESARIO QUEDEMOS SEN IMAXE DA SEMANA POR INCOMPETENCIA XERAL-- Lmbuga / Conversa comigo 04:56, 21 febreiro 2010 (UTC)
- Lmbuga, penso que eu non estou aquí para que me berres nin para que me faltes o respecto. Prégoche que acougues. Un cordial saudo. --HombreDHojalata conversa 08:51, 21 febreiro 2010 (UTC)
- Pasei por aquí coa intención de votar as novas imaxes que puidesen ser propostas, coa intención de tirar para adiante e colaborar. A miña sorpresa é que non hai máis imaxes, cousa que non me estraña, pois non hai criterios de votación. Pasou bastante tempo desde a miña última participación neste fío (fío que debeu ser pechado fai moito tempo) e o mundo cambiou. ROGO QUE SEXA INMEDIATAMENTE PECHADA ESTA VOTACIÓN E SE SIGAN AS POLÍTICAS DA WIKIPEDIA QUE FORON APROBADAS OU QUE SE VARÍEN TEMPORALMENTE DE XEITO QUE TODOS SAIBAMOS A QUE ATERNOS. ROGO QUE SE REXEITEN OS VOTOS FÓRA DE TEMPO E QUE SE É NECESARIO QUEDEMOS SEN IMAXE DA SEMANA POR INCOMPETENCIA XERAL-- Lmbuga / Conversa comigo 04:56, 21 febreiro 2010 (UTC)
- Compañeiro Lmbuga, espero ser capaz de facerche comprender que o tamaño importa. Refírome a que nesta Wikipedia somos poucas persoas e non todas ben preparadas e coñecedoras das ferramentas das que dispoñen (estou pensando en min). É bo que haxa unhas regras que regulen (valga a redundancia) o funcionamento de todo este trebello, pero finalmente a máquina somos nós e ás veces as regras quédannos grandes de máis e, neste caso concreto, pode ser que non demos feito coas fotos, coas votacións e con moitas cousas máis. Pero o sistema de ensaio-erro inventouse para algo e pode ser que pague a pena modificar as regras ou simplificar cousas que un día se crearon pensando que ían facer falta e logo se viu que non eran moi útiles. A modo de exemplo: onte pasei un bo anaco revisando a lista de artigos imprescindibles nesta Wikipedia, ata que cheguei á conclusión de que era algo bastante obsoleto, que se cadra nun primeiro momento foi útil como exercicio mental e de organización e ata de declaración de principios, pero agora xa non nos fai falta nin nos serve.
- Volvendo a onde estaba, que me perdo: o tamaño importa, e sería máis construtivo propor una alteración do noso modo de proceder que acusar de incompetentes a un grupo de persoas que traballan todos os días polo seu país, que é iso o que é a Galipedia, un proxecto de futuro para a Galicia que queremos. Incompetentes non, abrumados si. Un que foi profesor meu contoume un día que nunha obra un albanel lle comera dez centímetros a unha cociña ao torcer o tabique, o albanel díxolle "dez centímetros pouco é", e o profesor contestoulle "se che quito eu dez centímetros de onde ti sabes imos ver se me dis que é pouco". O que eu che digo, que o tamaño importa.
- Saúdos, e non te deites tan tarde. --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:56, 21 febreiro 2010 (UTC)
- @ Lmbuga : Eu entendo que te sintes rexeitado Lmbuga. Si o dis é a túa verdade, e como tal respetable. Eu podoche asegurar que Pepe de Couto non te rexeita (olla o seu historial de conversas, tanto nas páxinas de usuarios, como nos espazos da comunidade). Ainda que non sexa a túa intención (xa que falas de colectivo e non de persoal), poís no meu entender nesta conversa Pepe de Couto non te critica, só opina, mentras que co dis ti podese imaxinar que Pepe de Couto sintase ofendido. Non sera o caso porque semella home mui tranquilo, il xa dira, ou non dira nada. Por outra banda dis moitas cousas que me dan ganas de comentales. Pero isto non é un foro. Só decirche ca misión principal dos administradores e de protexer a Galipedia e fazer as tarefas de mantemento que necesitan as ferramentas que teñen. O que si son poucos e si propoñen Prevert co seu acordo, eso si sería únha grandissima axuda na comunidade. Tamén penso que somos algúns a axudar no das imaxes (cada quen no que pode), e despoís de ti penso que XabierCid é o que ten máis competencias para cumprir coas regras. Sen maís Lmbuga, xa sabes demasiado todo o respeto que teño para tí e para o teu traballo na Galipedia. A ver si sigués con nós na imperfección e deixas de por-te ao lado. E tranquilamente Lmbuga, sáudoche co respeto e a cordialidade de sempre. Elvira (conversa comigo) 18:01, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- En definitiva, eu teño o meu tempo e teño dereito a perdelo ou a gañalo no que me dea a gaña. Se se observan as demais contribucións miñas que están actualmente como comentarios nesta páxina, verase que estou fóra de lugar e que aquí non gaño tempo, pérdoo-- Lmbuga / Conversa comigo 17:22, 9 xaneiro 2010 (UTC)
- Proposta 2
- Información: Imaxe creada por Ramón Piñeiro e subida por Lmbuga. Proposta por --HombreDHojalata conversa 10:35, 20 febreiro 2010 (UTC).
- A favor
- Concordo --HombreDHojalata conversa 10:35, 20 febreiro 2010 (UTC).
- Concordo Vanme mui ben as dúas, desxando ue se escolla unha, porque esta "porta" gustame moito.Elvira (conversa comigo) 17:27, 20 febreiro 2010 (UTC)
- En contra
- Discordo Demasiado photoshop. O ceo non é real, é pintado. Ante a outra esta imaxe resúltame moi pobre. Por certo, a ver quen tira unha imaxe máis clara e nítida cá primeira e cun emprego de photoshop tan adecuado coma nela, para máis, pola noite-- Lmbuga / Conversa comigo 04:07, 21 febreiro 2010 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Insisto en que o ceo está pintado, e non é nada difícil facer tal cousa con photoshop, o que non é frecuente é ver un tratamento tan brutal e tan mal feito: Repárese en que o ceo que hai por detrás do burato da escultura (no centro da imaxe) non está ó mesmo nivel có ceo dos laterais da escultura. Iso débese a que o tratamento desas zonas non se realizou ó mesmo tempo-- Lmbuga / Conversa comigo 04:23, 21 febreiro 2010 (UTC)