Wikipedia:Etiquetas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:ETIQUETAS
Etiquetas en acción, na lista de páxinas novas.
Se queres ollar a lista de etiquetas, vai a Especial:Etiquetas.

As etiquetas son mensaxes breves que o software sitúa automaticamente xunto a certas edicións nos historiais, cambios recentes e outras páxinas especiais. Todas elas veñen derivadas do filtro de abusos. Grazas a estas etiquetas, podemos filtrar os cambios nas páxinas das contribucións e mais nos cambios recentes.

Uso e formato[editar]

As etiquetas non deben ser demasiado específicas. Para cada etiqueta, pódese acceder á aparencia e descrición das mensaxes do sistema desde a Especial:Etiquetas. O formato a empregar será usando o prefixo [[Especial:Etiquetas|Etiquetas]]: co modelo {{Descrición da etiqueta}} para dar un resumo.

Cómpre sinalar que as etiquetas non se deberían renomear unha vez que se xa aplicaron a algunhas edicións, xa que isto creará unha nova etiqueta. Sería conveniente pensar ben o nome para evitar esta situación, ou cambiar a descrición da etiqueta por completo. Nestes intres, non hai maneira de borrar ou reasignar as etiquetas.