Wikipedia:Como engadir imaxes
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Para cargar imaxes na Galipedia, usa a ligazón «Cargar un ficheiro» que está no cadro de ferramentas ou na lista de páxinas especiais.
Con «Examinar» (ou Browse) atopa o ficheiro que queres cargar no servidor dende o disco ríxido do teu ordenador. Isto abrirá un cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro» (ou Choose File).
Cando atopes o ficheiro, selecciona «Abrir» (ou Open) co que se seleccionará o ficheiro e se pechará o cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro».
Preme o botón «Subir un ficheiro». O ficheiro comezará a transferirse. Isto pode levar algún tempo, dependendo do tamaño do ficheiro e da velocidade de conexión.
Cando a transferencia se complete con éxito, aparecerá unha mensaxe notificándoo.
Non esquezas o seguinte:
- Pódense cargar tantos ficheiros coma se desexe, pero por favor, sen tentar ningún acto de vandalismo contra o servidor. Véxase Política de uso de imaxes.
- Todas as transferencias de carga e as eliminacións gárdanse nun historial (Rexistro de cargas).
- No campo Resumo débese escribir un texto para a Páxina de descrición de imaxe.
- Hai que marcar o cadriño mediante o cal:
- «Afirmo que o dono dos dereitos de autoría deste ficheiro está de acordo en licencialo baixo os termos de Wikipedia copyright.»
- Convén redixir unha pequena descrición da imaxe, usando o modelo que se pode atopar en Wikipedia:Política de uso de imaxes.
Subir imaxes a Wikimedia Commons
[editar a fonte]Para subir imaxes a Wikimedia Commons o procedemento é exactamente igual que o explicado anteriormente. Terás que pulsar en «Subir un ficheiro». Tes á túa disposición moitos modelos (templates) para indicar a licenza da imaxe. Debes consultalas e velas antes de subir imaxes.
A principal vantaxe de subir imaxes a Wikimedia Commons é que poden ser usadas por todos os proxectos de Wikimedia sen ter que subilas a cada un dos proxectos.
Como ligar a imaxe dende o documento na Galipedia
[editar a fonte]Dende a páxina correspondente, crear a seguinte ligazón:
[[Ficheiro:«Nome_do_ficheiro»|Texto alternativo]]
Podes facelo co botón que aparece na barra de botóns que está enriba da caixa de edición (aínda que é posible que non apareza no teu navegador). Selecciona o nome do ficheiro e o texto alternativo —separados por unha barra |— e preme no botón. Escribirá [[Imaxe por diante e ]] por detrás.
«Nome_do_ficheiro» é o nome que ten a imaxe incluíndo a súa extensión que se usa para indicar o formato da imaxe agregada (.jpg, .png, etc.). Non uses o formato .gif; podes substituílo polo .png ou polo .svg. (le isto).
O «texto alternativo» debera conter unha breve descrición da imaxe. Este texto preséntase nun texto flotante ou se a imaxe non se carga. É tamén importante para as persoas cegas que usan lectores de pantalla.
Soamente falta gardar a páxina correspondente para comprobar a ligazón.
Opcións de presentación
[editar a fonte]A anterior sintaxe é a básica para mostrar unha imaxe tal cal nun artigo. A seguinte sintaxe dá máis posibilidades e é compatible coa anterior:
[[Ficheiro:''<<Nome_do_ficheiro>>''|''opcións''|Texto alternativo]]
As opcións dispoñibles son:
- miniatura: xera unha imaxe en miniatura (thumbnail), aliñada por omisión á dereita, co texto alternativo escrito no pé de foto. Móstrase tamén unha icona de aumento. Exemplo: [[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|Lago Lochy en Escocia]]
- framed: engade un marco con pé de foto á imaxe, igual ao de miniatura, mais non reduce a imaxe.
- dereita: aliña a imaxe á dereita, pódese especificar con ou sen miniatura.
- esquerda: ídem, pero aliñado á esquerda.
- none: a imaxe preséntase sen texto nas súas marxes, aínda que se engadise a opción miniatura.
- anchura px: xérase unha versión en miniatura coa anchura en píxeles especificada (p.e. '150px'). A altura calcúlase de modo que se manteña a proporción.
As barras verticais «|» empréganse para separar as opcións entre si, e entre a derradeira e o texto alternativo. Nas opcións descoñecidas pásanse por alto e a derradeira opción emprégase sempre como texto alternativo.
Exemplo dunha imaxe sen texto no pé:
[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|dereita|]]
A derradeira barra vertical asegura que o texto alternativo sexa "Loch lochy.jpg" e non dereita.
As opcións pódense combinar, por exemplo:
[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|esquerda|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, á esquerda) ou
[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, miniatura, mostrada á dereita).
Cancelar o modo «texto ao redor da imaxe»
[editar a fonte]Despois de pór un texto a un lado ou outro dunha imaxe, para pór novo texto por debaixo, usando de novo todo o ancho dispoñible, hai que escribir antes <br style="clear:both;">.
Cargar unha nova versión da imaxe
[editar a fonte]Para substituír unha imaxe cargada previamente, por actualización da mesma ou do artigo, basta con cargar unha imaxe que teña o mesmo nome. Nestes casos por cuestións técnicas relacionadas co teu navegador (a memoria caché) pode que non vexas a nova versión da imaxe de inmediato.
Tamaño dos ficheiros
[editar a fonte]Recóllense varios consellos en «Como facer que as imaxes pesen pouco».
Volver á páxina de axuda. |