Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sackville Street (Dublin) after the 1916 Easter Rising.JPG

O Alzamento de Pascua foi unha rebelión que tivo lugar en Irlanda durante a Pascua de 1916. Foi un intento para conseguir independizarse de Gran Bretaña e a sublevación máis significativa que houbo tras a Expedición 1798. Organizado pola Irmandade Republicana Irlandesa, durou dende o 24 de abril ata o 30 de abril de 1916. Membros dos Voluntarios Irlandeses xunto co pequeno Exército Cidadán Irlandés e o Cumann na mBan, tomaron lugares clave en Dublín e proclamaron unha República Irlandesa. Houbo algunhas accións máis noutras partes aínda que foron de escasa relevancia, agás o ataque aos barracóns do Royal Irish Constabulary en Ashbourne. Foi sufocado e os seus líderes foron sometidos a consellos de guerra e executados, pero tiveron éxito en facer que os políticos irlandeses volveran a tomar en consideración outra vía de republicanismo a través das armas...