Wikipedia:Artigo destacado/outubro 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publica as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.

Estudos actualizados concordan en que as primeiras versións coñecidas do Tarot -do que despois se chamarán arcanos maiores- se localizan en Milán (ano 1440 ou 1441) e en Ferrara (ano 1465 ou 1470) aínda que existen referencias directas polo menos dúas décadas antes. Non é posible afirmar rigorosamente que o Tarot ou os tarots tivesen unha orixe independente dos xogos de cartas, se apareceron despois ou se forman parte dunha mesma estrutura. A comunidade científica asimila todo uso non lúdico do tarot ao campo da pseudociencia.