Wikipedia:Artigo destacado/novembro 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prince Hanzoku terrorised by a nine- tailed fox.jpg

A palabra xaponesa kitsune () significa raposo, animal que constitúe un elemento de singular importancia no folclore xaponés, até o punto en que dita palabra utilízase tradicionalmente para nomear a un espírito do bosque con forma de raposo, cuxa función clásica é a de protexer bosques e aldeas. Segundo a mitoloxía xaponesa, o raposo é un ser intelixente que posúe habilidades máxicas, que se incrementan coa idade e a adquisición de coñecementos. O kitsune está estreitamente asociado ao deus shinto (kami) Inari, deus da fertilidade, da agricultura, do arroz e dos raposos, tanto como mensaxeiro como servente do mesmo. Os poderes atribuídos ao Kitsune inclúen a capacidade de adoptar a forma humana, concretamente de muller nova. Como consecuencia de todos estes atributos máxicos, ao kitsune ofrécenselle ofrendas coma se fose unha deidade.