Wikipedia:Artigo destacado/abril 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dereito de pernada (en latín vulgar medieval, Ius primae noctis; en inglés úsase a expresión francesa Droit de Seigneur, aínda que en francés é máis acertada a locución Droit de Cuissage) é un dereito feudal que teoricamente establecía a potestade señorial de ter relacións sexuais (e polo tanto a gozar da súa virxindade) con toda doncela, serva do seu feudo, que fose a casar con outro servo de seu. Este presunto dereito tivo vixencia durante a Idade Media da Europa occidental (aínda que hai paralelismos noutras partes do mundo) como compoñente do modo de produción feudal.