Who Stole Feminism?
Who Stole Feminism? | |
---|---|
Título orixinal | Who Stole Feminism? |
Autor/a | Christina Hoff Sommers |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | feminismo nos Estados Unidos |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Simon & Schuster |
Data de pub. | 1994 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 320 |
ISBN | ISBN 978-0684801568 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Who Stole Feminism? How Women Have Betrayed Women é un libro de 1994 sobre feminismo escrito por Christina Hoff Sommers, unha escritora que durante a época da escrita tamén era profesora de filosofía na Universidade Clark. Sommers argumenta que hai unha división entre o feminismo da equidade e o que ela chama "feminismo de xénero".[1] Sommers sostén que as feministas de equidade buscan os mesmos dereitos legais para as mulleres e os hombres, mentres que as feministas de xénero buscan contrarrestar as desigualdades históricas baseadas no xénero. Sommers argumenta que as feministas de xénero fixeron reclamacións falsas sobre temas como a anorexia nerviosa e agresións domésticas e exerceron unha influencia nociva nos campus universitarios estadounidenses. Who Stole Feminism? recibiu unha ampla atención polo seu ataque ó feminismo estadounidense, e recibiu críticas altamente polarizadas divididas entre comentaristas conservadores e liberais.[2] Algúns críticos gabaron o libro, mentres que outros atopárono defectuoso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marshal, Barbara L. "35: Feminism and Constructionism (in Part VI: Continuing Challenges)". En Holstein, James A.; Gubrium, Jaber F. Handbook of Construtionist Research. p. 693.
- ↑ Ehrenreich, Barbara (1 de agosto de 1994). "A Feminist on the Outs". Time 144: 61.