White Witch Doctor
White Witch Doctor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Henry Hathaway |
Produtor | Otto Lang |
Guión | Louise A. Stinetorf (novel) Ivan Goff Ben Roberts |
Intérpretes | Susan Hayward Robert Mitchum Walter Slezak |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | Leon Shamroy |
Montaxe | James B. Clark |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 1 de xullo de 1953 |
Duración | 96 min |
Orixe | EEUU |
Lingua | English |
Na rede | |
White Witch Doctor é un filme de aventuras realizado pola 20th Century Fox, dirixido por Henry Hathaway e producido por Otto Lang cun guión de Ivan Goff e Ben Roberts, baseado na novela do mesmo título publicada por Louise A. Stinetorf en 1950. A música é de Bernard Herrmann, e é notable polo uso do serpentón, un instrumento obsoleto. A acción acontece no Congo Belga en 1907 cando unha enfermeira procedente dos Estados Unidos pretende chegar á consulta dun doutor branco no medio de África, un aventureiro ofrécese a levala, e no medio de múltiples aventuras chega o amor.
Produción
[editar | editar a fonte]Aínda que Henry Hathaway filmou en África, a maioría filmouse nun estudio da Fox.[1] O xefe do estudio Darryl F. Zanuck pediu que lle engadisen á historia orixinal de Stinetorf, que fora misioneira en Palestina durante dous anos,[2] unha trama con acción e unha historia de amor.[3]