Welwitschia mirabilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Welwitschia mirabilis Hook.f., do xénero monotípico Welwitschia Rchb., é o único xénero da familia das Welwitschiaceae, pertencente ás gimnospermas.

Welwitschia no bosque petrificado de Khorixas (Namibia).
Chinche da Welwitschia (Odontopus sexpunctatus), principal polinizador.

Localización[editar | editar a fonte]

Áchase en Angola e Namibia, é endémica do deserto do Namib, a cuxas condicións se atopa perfectamente adaptada.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta desértica que crece dun tronco groso escindindo dúas únicas follas de crecemento continuo. Tras a xerminación, os cotiledones crecen 25-35 mm e vanse transformando nestas dúas follas. Despois de que estas aparezan, os capullos dos cotiledones emerxen e dentro deles dexeneran os extremos de crecemento causando a elongación dos capullos. É a única especie que non presenta traqueidas na estrutura interna do eixo caulinar. A especie reprodúcese por sementes, que deben manterse húmidas as dúas primeiras semanas e expostas á luz e á calor. É relativamente frecuente atopar nelas esporas de Aspergillus niger, que causa unha leve putrefacción despois da xerminación, polo que se tenta evitar en xardíns botánicos.

A especie é dioica e é difícil determinar a idade das plantas, aínda que se cre que poden chegar a vivir máis de 1000 anos, mesmo 2000.[cita [Cómpre referencia]

Crese que a planta absorbe a auga a través de estruturas peculiares nas súas follas que lle serven para aproveitar a rosada nocturno do deserto. O Dr. Friedrich Welwitsch descubriuna en 1860, considerándose unha das plantas máis raras que existen e bastante apreciada por coleccionistas. Está en perigo.

Símbolo[editar | editar a fonte]

Esta planta é un símbolo nacional en Namibia. A máis alta condecoración da República leva o seu nome: Orde da Antiquísima Welwitschia Mirabilis.

En Angola a Welwitschia mirabilis é denominada tombwa e unha cidade é chamada así.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Welwitschia mirabilis foi descrita por Joseph Dalton Hooker e publicado en The Gardeners' Chronicle & Agricultural Gazette 4: 71. 1862.[1]

Etimoloxía

12Welwitschia: o nome foi outorgado en honra do botánico austríaco Friedrich Martin Josef Welwitsch.

mirabilis: epíteto latín que significa "marabilloso, extraordinario"[2]

Variedade aceptada
  • Welwitschia mirabilis subsp. namibiana Leuenb[3].
Sinonimia
subsp. namibiana Leuenb.
  • Tumboa bainesii Hook.f.
  • Welwitschia bainesii (Hook.f.) Carrière[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]