Saltar ao contido

Watt de Sussex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWatt de Sussex
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Monarca
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata

Watt [1] foi un rei no que é agora o condado de Sussex na Inglaterra meridional no século VIII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa existencia baséase en tres documentos nos que foi testemuña, no reinado de Nothhelm, como Wattus Rex. Probabelmente tería gobernado entre 692 e 725 aproximadamente e hai algunha suxestión de que tivese sido rei dos Hæstingas.

A evidencia documental

[editar | editar a fonte]

Algúns documentos anglosaxóns que datan do reino de Sussex proporcionan evidencias que suxiren a existencia de dúas dinastías separadas en Sussex. Os documentos de Noðhelm (ou Nunna), quen gobernou Sussex a finais do século VII e principios do VIII regularmente atestan un segundo rei co nome de Watt[2][3][4][5]. Watt foi testemuña dun documento de Noðhelm en 692[6], sen indicación ningunha do seu territorio, tamén foi testemuña (outra vez como Wattus rex) dun documento onde Bruny (Bryni), dux de Sussex, lle concede a Eadberht, abade de Selsey 4 hides. O documento carece de cláusula de datación pero como se sabe que Eadberht foi nomeado bispo en 705 ou lixeiramente máis tarde, entón o documento tería sido creado en 705 ou un pouquiño antes. Watt é citado como testemuña no documento xunto con Nunna[4][7]. Watt aparece tamén listado como testemuña (como Uuattus rex[8]) doutro documento, datado erroneamente en 775, que se cre que é unha copia tardía ou unha falsificación[9][10]

O historiador C.T. Chevalier suxeriu que Watt pode ter gobernado a tribo dos Haestingas, que estaba establecida ao redor da zona de Hastings no Sussex Oriental. Isto é porque só nesa área de Sussex aparecen topónimos baseados no nome Watt[11][12]. A teoría foi tomada como plausíbel por outros historiadores[13]. Chevalier vai máis lonxe para suxerir que os Haestingas poden ser de orixe franca, pero outros historiadores rexeitan esta parte da teoría posto que está baseada só nunha mala interpretación da evidencia toponímica[14].

  1. Tamén Wattus ou What.
  2. Kelly. Charters of Selsey. p. lxxvi
  3. Charter S.45 Northelm, rei dos saxóns meridionais proporciona terra á súa filla. Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine. Consultado 1 Abril 2013
  4. 4,0 4,1 Charter S.1173 Bruni dux dos saxóns meridionais proporciona catro hides ao abade de Selsey Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine. Consultado o 1 Abril 2013
  5. Charter S.43 Nunna, rei de Sussex, a Eadberht, bispo; ofrecemento de 20 hides (tributarii) en Hugabeorgum e Dene. Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine. Consultado 1 Abril 2013
  6. A.D. 692. Nothhelm (Nunna), rei de Sussex, a Nothgyth, a súa irmá; doa, para fundar un mosteiro, 33 hides (cassati) en Lidsey, Aldingbourne, Lenstedegate (? Westergate en Aldington) e (North) Mundham, Sussex. en latín Miller, Sean. "S 45". Consultado o 2008-01-08. 
  7. Kelly. Charters of Selsey. p. 23
  8. No século VII os escribas escribían uu por /w/; despois empregaban a letra rúnica coñecida como wynn "Why is 'w' pronounced 'double u' rather than 'double v'?". OUP. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 1 abril 2013. 
  9. A.D. 775 por c. 705 x c. 717. Nunna, rei de Sussex, a Eadberht, bispo; doazón de 20 hides (tributarii) en Hugabeorgum e Dene (probabelmente East e West Dean preto de Chichester). En latín con pasaxes en inglés Miller, Sean. "S 43". Consultado o 8 xaneiro 2008. 
  10. West Sussex Records Office Cap/I/17/1. Consultado o 5 xuño 2017
  11. C.T. Chevalier. The Frankish origin of the Hastings tribe in Sussex Archaeological Collections Vol 104. pp. 56-62
  12. Martin Welch. Early Anglo-Saxon Sussex in Peter Brandon's. The South Saxons. pp. 23-25.
  13. R. Coates. On the alleged Frankish origin of the Hastings tribe in Sussex Archaeological Collections Vol 117. pp. 263-264
  14. Kelly. Charters of Selsey. p. lxxix

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chevalier, C.T. (1966). Bedwin, Owen, ed. "The Frankish Origin of the Hastings tribe". Sussex Archaeological Collections (Lewes, Sussex: Sussex Archaeological Society) 104. 
  • Coates, Richard (1979). Bedwin, Owen, ed. "On the alleged Frankish origin of the Hastings tribe". Sussex Archaeological Collections (Lewes, Sussex: Sussex Archaeological Society) 117. 
  • Kelly, S.E (1998). Anglo-Saxon Charters VI: Charters of Selsey. OUP for the British Academy. ISBN 0-19-726175-2. 
  • "The National Archives". London: The National Archives. Consultado o 5 June 2017. 
  • Miller, Sean. "Anglo-Saxon Net: England c.450-1066 in a Nutshell". Consultado o 28 October 2010. 
  • Welch, Martin (1978). "Early Anglo-Saxon Sussex". En Brandon, Peter. The South Saxons. Chichester: Phillimore. ISBN 0-85033-240-0.