Æthelberht de Sussex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aethelberht de Sussex»)
Infotaula de personaÆthelberht de Sussex
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Monarca
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAethelstan de Sussex Editar o valor em Wikidata

Aethelbert, ou, máis correctamente, Æðelberht, foirei de Sussex, pero só se coñece polos documentos que emitiu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As datas do reinado de Æðelberht son descoñecidas máis aló do feito de que solapou polo menos en parte o bispado de Sigeferth de Selsey, posto que Sigeferth foi testemuña nun documento sen data de Æðelberht no que Æðelberht aparece como Ethelbertus rex Sussaxonum[1].

Sigeferth, chamado Sicgga en forma abreviada, foi o terceiro bispo de Selsey, consagrado en 733 polo arcebispo Tatwine, e era aínda bispo en 747, cando asistiu ao Sínodo de Clofesho. Descoñécese a dta da súa morte.

Outro documento sen data, no que Æðelberht é chamado Adelbertus rex Australium Saxonum (Æðelberht, rei dos saxóns meridionais), crese que é unha falsificación[2].

Barker (1947) comentou "Este par de documentos teñen certas frases peculiares, especialmente o firmiter ... præsumat que está no sitio dunha forma presentada por Si quis na maioría dos documentos. Ambos os dous declaran que foron escritos polo rei, e, na fórmula X confixi, esta é unha palabra moi inusual para isto; significa literalmente 'cravado xunto', por iso aquí 'posto xunto' ou 'compilado'. O principio do século VIII foi unha época de reis ilustrados: Ealdfrið e Eadberht de Northumbria e Ine de Wessex son exemplos disto. Non é, por tanto, imposíbel que estes dous documentos fosen escritos persoalmente polo rei". Con todo, "confixi" está só no documento falsificado.

Æðelberht aparece tamén mencionado nun engadido a un documento de Noðhelm como Ethilberchto rege[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "S46". anglo-saxons.net. Consultado o 2008-04-06. 
  2. "Chichester, W.S.R.O., Ep. VI/1/6 (Liber Y), 73rv (s. xiii)- S47". anglo-saxons.net. Consultado o 23 xaneiro 2012. 
  3. "Chichester, W.S.R.O., Ep. VI/1/2 (Liber B), 17v (s. xiv) - S44". anglo-saxons.net. Consultado o 23 xaneiro 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barker, E. 1947. Sussex Anglo-Saxon Charters, part 1. Sussex Archaeological Collections 86: 42-101.

Outros artigos[editar | editar a fonte]