Ward Cunningham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ward Cunningham
Ward Cunningham - Commons-1.jpg
Nacemento26 de maio de 1949
 Michigan City
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Purdue
Ocupaciónprogramador, informático teórico e evangelista tecnológico
editar datos en Wikidata ]

Howard G. "Ward" Cunningham, nado en Michigan City o 26 de maio de 1949,[1] é un programador estadounidense que desenvolveu a primeira wiki e foi coautor do "Manifesto for Agile Software Development"[2] Pioneiro no padrón de deseño e da programación extrema, comezou a codificar a WikiWikiWeb en 1994, e instalouna na páxina web da consultoría de software que creou coa súa esposa, Karen,[3] Cunningham & Cunningham (coñecida habitualmente polo seu nome de dominio, c2.com), o 25 de marzo de 1995, como anexo ao Portland Pattern Repository. Escribiu un libro sobre wikis titulado The Wiki Way e inventou o Framework for Integrated Tests.

Cunningham foi un voceiro clave nos primeiros tres relatorios da serie de conferencias sobre a investigación e a práctica das wikis e tamén no Wikimedia Developer Summit 2017.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cunningham naceu en Michigan City, Indiana e criouse en Highland, Indiana, permanecendo alí durante o instituto.[5] Recibiu o seu grao en enxeñaría interdisciplinar (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e o seu mestrado en ciencias da computación pola Universidade Purdue, en que se graduou en 1978.[6] Foi foundador de Cunningham & Cunningham, Inc. e tamén actuou como director de R&D en Wyatt Software e como enxeñeiro xefe en Tektronix Computer Research Laboratory. É o fundador de The Hillside Group e participou na conferencia Pattern Languages of Programming que patrocina. Cunningham formou parte da comunidade Smalltalk. Entre decembro de 2003 e outubro de 2005, traballou para Microsoft Corporation no grupo "Patterns & Practices". De outubro de 2005 a maio de 2007 tivo o posto de Director of Committer Community Development na Eclipse Foundation.

En maio de 2009, Cunningham uniuse a AboutUs como CTO.[7][8] O 24 de marzo de 2011, The Oregonian informou que Cunningham saíra de AboutUs para unirse a CitizenGlobal, unha startup con sede en Venice-Beach que traballa en contidos de vídeo.[9] Continúa como "aseso" de AboutUs.[10][11] Cunningham abandonou CitizenGlobal para ser programador en New Relic.[12]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Cunningham vive en Beaverton, Oregón.[12] Ten unha licenza Extra Class de radioafeccionado outorgada pola Federal Communications Commission, e o seu sinal de chamada é Kilo Nine Oscar X-ray, K9OX.[13][14][15][16]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Henderson, Harry (2009). Encyclopedia of Computer Science and Technology. Facts On File. p. 122. ISBN 978-0-8160-6382-6. 
  2. Manifesto for Agile Software Development
  3. Lih, Andrew (2009). The Wikipedia Revolution, páx. 58. Hyperion, Nova York. ISBN 9781401303716.
  4. "Wikimedia Developer Summit 2017 Program". Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  5. "Ward's Home Page". Consultado o 29 de setembro de 2018. 
  6. The Wikipedia Revolution - Andrew Lih, page 46
  7. Bishop, Todd. (26 de xaneiro de 2004) Seattle Post-Intelligencer. Microsoft Notebook: Wiki pioneer planted the seed and watched it grow. Section: Business; Page D1.
  8. Rogoway, Mike (18 de maio de 2007). "Inventor of the wiki has a new job in Portland". The Oregonian business blog. 
  9. "Our Proven Leadership Team". Citizen Global Website. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 2012-05-08. 
  10. Rogoway, Mike (24 de marzo de 2011). "Ward Cunningham, inventor of the wiki, has a new job in SoCal". The Oregonian business blog. 
  11. "Ward Cunningham Joins CitizenGlobal". Blog.ratedstar.com. 31 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  12. 12,0 12,1 "Ward Cunningham Joins the New Relic Family". New Relic Blog. 5 de abril de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2014. 
  13. Federal, Communications Commission. "K9OX". United States Government. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  14. Federal, Communications Commission. "Ward Cunningham". United States Government. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  15. Federal, Communications Commission. "K9OX, Expired". United States Government. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  16. TenTec, Wiki. "Ward Cunningham". Ten Tec Wiki. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]