Walter Steiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Walter Steiner
Nacemento 15 de febreiro de 1951
  Wildhaus
Nacionalidade Suíza
Ocupación saltador de esquí
Premios Holmenkollen Medal
editar datos en Wikidata ]

Walter Steiner, nado en Wildhaus, 15 de febreiro de 1951, é un saltador de esquí suízo.

Steiner conseguiu a medalla de prata de salto de esquí na modalidade de salto longo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972. Tamén gañou a competición de salto de esquí de Holmenkollen en 1974 e gañou o Campionato Mundial de Salto de Esquí en 1972 e 1977.

Steiner recibiu a medalla Holmenkollen en 1977 (compartida con Helena Takalo e Hilkka Kuntola).

Foi o protagonista dun documental realizado por Werner Herzog en 1974.

Walter Steiner reside na actualidade na cidade sueca de Falun, coa súa dona Gunilla, traballando como xardineiro.