Víctor Manuel López Quijada
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Ribadavia, España |
Morte | 30 de novembro de 2021 (92/93 anos) Madrid, España |
Alcalde de Ribadavia | |
1970 – 1975 ← Jaime Dávila Sánchez – Jaime Dávila Sánchez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario, empregado de banca |
Víctor Manuel López Quijada, nado en Ribadavia en 1928 e finado en Madrid o 30 de novembro de 2021, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor do ciclo de Matemáticas do Instituto Laboral de Ribadavia. Empregado na Caixa de Aforros Provincial de Ourense, foi fundador e directivo da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Foi nomeado alcalde de Ribadavia en xullo de 1970,[1] permanecendo no cargo até 1975. Afeccionado á fotografía, foi presidente da Agrupación Artístico-Fotográfica de Ribadavia.
Finou en Madrid o 30 de novembro de 2021.[2]
Predecesor: Jaime Dávila Sánchez |
Alcalde de Ribadavia 1970 - 1975 |
Sucesor: Jaime Dávila Sánchez |