Víctor Coyote
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Tui, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, artista de banda deseñada |
Víctor María Aparicio Abundancia, máis coñecido como Víctor Coyote, nado en Tui en 1958, é un artista polifacético galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña. Movementos culturais a medio camiño entre o underground e a cultura de masas.
Nesa primeira etapa que se inicia en 1979 formou parte do grupo Los Coyotes, que liderou a canda Fernando Gilabert. Desta formación tomou o seu alcume Victor Coyote. A partir de 1988 o grupo muda de nome, e pasa a chamarse Los Coyotes de Víctor Abundancia, co que gravan Esta noche me voy a bailar, un dos seus grandes éxitos.
Posteriormente continuou a súa carreira en solitario, tanto con alcume de Víctor Coyote coma co de Víctor Abundancia. Achegouse ó público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou temas coma "Pode ser", que aparece na compilación A Cantar con Xabarín. Ademais, o seu tema "Jaguarundi" foi o tema escollido por TVE como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995.
Ademais de á música, tense dedicado tamén ó deseño e á pintura, e ten traballado en multitude de exposicións, mostras, gravacións e traballos audiovisuais. Como actor, fixo pequenos papeis en varios filmes.
Obra
[editar | editar a fonte]Con Los Coyotes
[editar | editar a fonte]- Extraño corte de pelo (EP, 1982)
- Ella es tan extraña (maxisingle, 1983)
- Aquí estoy de nuevo (single, 1983)
- El mono (maxisingle, 1984)
- Mujer y sentimiento (LP, 1985). Deste álbum extrae tamén Como un extranjero (single, 1985), cun tema novo.
- Las calientes noches del barrio (LP, 1987). Deste álbum extrae La estación del amor (single, 1987).
- De color de rosa (LP, 1988). Deste álbum extrae De color de rosa (maxisingle, 1988), e Esta noche me voy a bailar (maxisingle, 1989).
- Puro semental (LP, 1989), dos que extrae El típico español (single en 1990 e maxisingle en 1990), e Corazón de reloj (single, 1990)
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Tocando sus éxitos (LP, 1991, que inclúe un tema novo titulado Aguas bravas. Precisamente desa peza publica un single Aguas bravas, en 1991.
- Amor de hermano (CD, 1996)
- 300 kg (disco-libro, 2004).
- La estación fantasma. Grabaciones completas de la Era Punkabilly 80-85 (vinilo, 2009).
Como Víctor Coyote
[editar | editar a fonte]- Lo bueno, dentro (CD, 1995), do que extrae o CD single Sólo el oído trabaja (1995).
- Lucha de migajas (CD, 2000). Deste álbum extrae un single, Coches, carros, naves, bugas, en 2000.
- Amor apache (CD single, 2002). Neste álbum participan tamén Fangoria e fan remesturas Cortesse, + de lo mismo, Javier García, Los Niños Digitales, e 3PO.
- ¿A qué viene ahora silbar? (minielepé, 2004).
- Afranio, documental sobre Antón Alonso Ríos.
- Joven de cuello vuelto (CD single, 2010).
- Dos años luz y cuarto (CD, 2011).
- De pueblo y de río (CD, 2014). neste álbum inclúe versións en portugués de Roberto Carlos, de Amália Rodrigues ou de Jorge Ferreira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]