Voz del Pueblo (A Estrada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Voz del Pueblo
LocalidadeA Estrada
editar datos en Wikidata ]

Voz del Pueblo foi un periódico semanal editado na Estrada entre 1906 e 1907.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico defensor de los intereses de la comarca, apareceu en novembro de 1906.[1]. Era un semanario riestrista, isto é partidario do Marqués de Riestra que mantivo un enfrontamento coa outra facción do riestrismo da Estrada, representada por El Estradense. O periódico estaba patrocinado por Faustino Ulloa Estévez, Miguel Nine (deputado provincial), Faustino Valenzuela, Gumersindo Otero García e José Otero Carbia (alcalde da Estrada). Editábase na imprenta que estaba na vivenda propiedade de José Otero Carbia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo de Galicia, 22-11-1906, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]