Vox Stellae
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Vox Stellae, antes coñecido como Coro de cámara Campus Stellae, creouse no ano 2002 co gallo dun ciclo de conferencias sobre a música do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela a cargo do musicólogo Xosé López Calo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ademais dun labor de difusión, o coro realiza concertos abordando outros repertorios, desde o Gregoriano ata o Barroco fundamentalmente, sen descoidar a música do século XX e a creación musical en Galicia. Campus Stellae está incluído no “Circuíto Cultural” da Deputación Provincial da Coruña e a “Axenda de Artistas de Galicia”.
Os seus membros formáronse nos Conservatorios de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona e A Habana e colaboran habitualmente con formacións de grande prestixio: Coro da OSG, Capela Musical da Catedral de Santiago, Orfeón Terra a Nosa, Europachorakademie Stuttgart, Ludus Tonalis, Coro Eborae Musica, Camerata Ad Libitum, Coro da USC, Collegium Compostelanum, Capela Lauda Sion, Voces de Europa, Coro Filgueira Valverde, Coro da UEM, Coro da COACE …
En decembro de 2005, Campus Stellae actuou no “Encuenntro Coral Internacional” de La Laguna, presentando un programa integramente adicado á música do Arquivo da Catedral de Santiago.
En 2006, entre outras actuacións, participou nos actos de consagración e inauguración da igrexa de Santiago de Arteixo, actuou na entrega das Medallas Castelao, outorgadas pola Xunta de Galicia, acto no que volveu participar en 2007.
Actualmente vén de actuar para a Comisión Delegada do Consello das Comunidades galegas no exterior e empeza a ser reclamada en concertos e eventos en todo o país.