Saltar ao contido

Voo 990 de EgyptAir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 990 de EgyptAir
Imaxe
 Instancia de
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
31 de outubro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   216 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0208vg Editar o valor en Wikidata
Número de vooMS990 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 990 de EgyptAir (MS990/MSR990) era un voo regular dende o Aeroporto Internacional dos Ánxeles e o Aeroporto Internacional do Cairo, cunha parada no Aeroporto Internacional John F. Kennedy. O 31 de outubro de 1999 o Boeing 767 que operaba a ruta esnafrouse no océano Atlántico a uns 100 quilómetros da illa de Nantucket, en Massachusetts, matando aos seus 217 ocupantes. A causa probable oficial do accidente foi unha acción deliberada do primeiro oficial de relevo.[1][2]

Como o accidente ocorreu en augas internacionais, a responsabilidade da investigación recaiu sobre a Autoridade de Aviación Civil Exipcia (ECAA). Como a ECAA carecía dos recursos que tiña a Xunta de Seguridade do Transporte Nacional dos Estados Unidos (NTSB), o goberno exipcio pediulle á NTSB encargarse da investigación. Dúas semanas despois do accidente, a NTSB propuxo entregar a investigación ao Federal Bureau of Investigation (FBI), xa que as probas suxerían que tivera lugar un acto criminal que accidente fora intencinado. Esta proposta foi inaceptable para as autoridades exipcias, e polo tanto a NTSB continuou liderando a investigación. A medida que aumentaban as evidencias que apuntaban cara a un acto deliberado, o goberno exipcio revogou a súa decisión anterior e a ECAA comezou a súa propia investigación. As dúas tiveron unhas conclusións moi distintas: a NTSB concluíu que o accidente fora causado por unha acción deliberada do primeiro oficial de reserva Gameel Al-Batouti;[1] a ECAA dixo que o accidente fora causado por un fallo mecánico no sistema de control do elevador do avión.[3]

O informe exipcio suxería varios escenarios con fallos nos controis como causas posibles do accidente, centrándose nun posible fallo nunha das unidades de control de potencia do elevador dereito.[3] Aínda que o informe da NTSB non determinou unha razón específica para os supostos actos do oficial de reserva, este afirmou que o impacto foi "un resultado das accións sobre os contris de voo do primeiro oficial de reserva".[1][4] Apoiando as súas conclusións, o informe da NTSB determinou que ningún escenario con fallos mecánicos produciría os movementos do avión rexistrados pola gravadora de datos de voo, e que se incluso ocorrese algún dos escenarios presentados polas autoridades exipcias, o avión aínda sería recuperable debido ao sistema de control do elevadores redundante do 767.[1]

O voo 990 estaba sendo operado por un avión Boeing 767-366ER con rexistro SU-GAP e bautizado Tuthmosis III polo faraón da XVIII dinastía. O pararello, unha versión alongada de longo alcance do 767 estándar, era o 282º 767 construído. Entregárase novo a EgyptAiro día 26 de setembro de 1989.[1]

  1. 1 2 3 4 5 NTSB (ed.). "Informe do accidente da NTSB" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2011. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  2. Sinha, Shreeya. The New York Times, ed. "A History of Crashes Caused by Pilots’ Intentional Acts". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  3. 1 2 ECAA (ed.). "Informe do accidente da ECAA" (PDF). Archived from the original on 22 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  4. Ellison, Michael. The Guardian, ed. "US and Egypt split on fatal plane crash". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.