Voo 810 de Varig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 810 de Varig
Boeing 707 semellante ao accidentado
Resumo
Data  27 de novembro de 1962
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  25 km ao sueste do
aeroporto de Lima
Coordenadas  Coordenadas: 12°07′20″S 76°56′25″O / -12.122329, -76.940163
Finados  97
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-441
Operador  Varig
Rexistro  PP-VJB
Pasaxeiros  80
Tripulación  17
Superviventes  0

O voo 810 de Varig era un servizo regular internacional de pasaxeiros dende Río de Xaneiro ata Os Ánxeles con escalas en Lima, Bogotá, Cidade de Panamá e Cidade de México. O 27 de novembro de 1962 o Boeing 707-441 que operaba a ruta esnafrouse nunha montaña na aproximación a Lima, matando aos 97 pasaxeiros e tripulantes. Na época foi o accidente aéreo con máis vítimas mortais no Perú.[1]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello involucrado no accidente era un Boeing 707-441 equipado con catro motores Rolls-Royce Conway 508, con rexistro PP-VJB. No momento do accidente o avión tiña dous anos e acumulaba 6 326 horas de voo. O seu certificado de aeronavegabilidade fora emitido o 12 de setembro de 1962 e expiraba o 22 de maio de 1963.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-441 PP-VJB Lima-Callao International Airport (LIM)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-11. 
  2. "PP-VJB". www.aviacaopaulista.com. Consultado o 2019-01-11.