Voo 778 de S7 Airlines
Voo 778 de S7 Airlines | |
---|---|
O avión do accidente con Aeroflot en 2003
| |
Resumo | |
Data | 9 de xullo de 2006 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | aeroporto de Irkutsk |
Coordenadas | Coordenadas: 52°16′29″N 104°22′00″L / 52.274819444444, 104.36658611111 |
Orixe | Moscova-Domodedovo |
Destino | aeroporto de Irkutsk |
Finados | 125 |
Feridos | 63 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-300 |
Operador | S7 Airlines |
Rexistro | F-OGYP |
Pasaxeiros | 195 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 78 |
O voo 778 de S7 Airlines era un servizo doméstico de pasaxeiros operado por un Airbus A310-300 entre o aeroporto de Moscova-Domodedovo e o aeroporto de Irkutsk. O 9 de xullo de 2006 tivo un accidente ao aterrar en Irkutsk ás 07:44 hora local (22:44 UTC do 8 de xullo). O avión saíuse da pista esvarando varios centos de metros sobre a pista mollada e a herba. Esnafrouse contra unha barricada de cemento, golpeou un grupo de garaxes privados e incendiouse. Bombeiros de cinco estacións diferentes precisaron dúas horas para apagar o lume.[1]
Un total de 125 persoas morreron no accidente. Foi o peor accidente de aviación en Irkutsk dende o voo 352 de Vladivostok Air en 2001. Tamén é o peor accidente de S7 Airlines. No presente é o cuarto peor accidente aéreo en Rusia e o terceiro con máis vítimas dun Airbus A310, despois do voo 431 de Kenya Airways e do voo 626 de Yemenia.
Tras o accidente moitos medios informaron que se producira un fallo nos freos do voo 778. Porén, o informe final do Comité de Aviación Interestatal ruso (MAK), concluíu que a causa do accidente foi un erro piloto.
Avión
[editar | editar a fonte]O avión implicado no accidente tiña o rexistro francés F-OGYP e número de serie 442. Fora entregado novo en xuño de 1987 a Pan Am co rexistro N812PA, e posteriormente pasou á frota de Delta Air Lines tras a bancarrota da primeira en 1991. O 1 de marzo de 1995 o avión entregouse a Aeroflot e finalmente pasou a mans de S7 Airlines en xullo de 2004.[2][3]
O pararello acumulaba máis de 52 000 horas de voo en máis de 10 000 operacións. Estaba equpado con dous motores Pratt & Whitney PW4152.[2] Nun dos seus anteriores voos a reversa do motor esquerdo fallou e foi desactivada polo persoal de mantemento para cumprir coa lista de equipamento mínimo da aeroliña (MEL en inglés). Porén, a desactivación da reversa sería cuestionada tras o accidente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AP, RTR TV via (2006-07-09). "Reports: Brake failure may have led to crash". msnbc.com (en inglés). Consultado o 2018-12-16.
- ↑ 2,0 2,1 "S7 Airlines F-OGYP (Airbus A310 - MSN 442) (Ex N812PA )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "F-OGYP S7 - Siberia Airlines Airbus A310-300". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2021-11-25.