Saltar ao contido

Voo 626 de Yemenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 626 de Yemenia
 Instancia de
Datas
 Data
30 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata
Características
 Nave
 Elemento operado
 Matrícula da aeronave
7O-ADJ Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Yemenia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de implicados
Feridos1 Editar o valor en Wikidata
Mortes142  pasaxeiro
11  membro da tripulación
152 Editar o valor en Wikidata
Superviventes1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
Identificadores
Freebase/m/06wbsvh Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 626 de Yemenia era un reactor bimotor Airbus A310-324, operado por Yemenia, que realizaba un servizo regular entre Sana'a, Iemen, e Moroni, Comores. O día 30 de xuño de 2009 ao redor das 1:50 AM hora local, mentres se aproximaba ao aeroporto internacional Príncipe Said Ibrahim, o avión esnafrouse matando a 153 dos 154 ocupantes.[1][2] A única supervevinte, unha rapaza de 14 anos chamada Bahia Bakari, foi atopada agarrada a restos do avión tras flotar no océano durante trece horas.[3][4] Bakari foi dada de alta do hospital o día 23 de xullo.[5]

O informe final do accidente conclue que as inapropiadas accións dos pilotos conduciron a unha perda aerodinámica. O informe tamén destaca que a tripulación non reaccionou ás advertencias emitidas pola aeronave.[6]

O aparello era un Airbus A310-324, con rexistro 7O-ADJ, fabricado en 1990 co número de serie 535. No momento do accidente levaba en servizo 19 anos e 3 meses e acumulaba 53 587 horas de voo en 18 129 ciclos.[1]

O avión era propiedade de International Lease Finance Corporation (ILFC) e entrou en servizo coa aeroliña Air Liberté o 30 de maio de 1990. Tras ser alugado a distintos operadores comezou a voar con Yemenia en setembro de 1999 co rexistro 7O-ADJ, permanecendo nesa compañía ata o accidente.[7][8]

Dominique Bussereau, o ministro francés de transportes, informou de que o avión fora inspeccionado en 2007 pola Dirección Xeral de Aviación Civil francesa e se lle atoparan múltiples fallos; porén, dende entón o aparello non regresou a Francia, polo que nunca volveu ser inspeccionado pola mesma autoridade.[2][9]

  1. 1,0 1,1 "Official: Teen Girl, 14, Found Alive After Indian Ocean Jet Crash - FOXNews.com". web.archive.org. 2009-07-04. Archived from the original on 04 de xullo de 2009. Consultado o 2021-11-24. 
  2. 2,0 2,1 "Yemen jet crashes in Indian Ocean" (en inglés). 2009-06-30. Consultado o 2021-11-24. 
  3. "Girl survives Yemen plane crash" (en inglés). 2009-07-01. Consultado o 2021-11-25. 
  4. "Bahia Bakari: Teen Survivor Of Comoros Crash A "True Miracle"". web.archive.org. 2009-07-04. Archived from the original on 04 de xullo de 2009. Consultado o 2021-11-25. 
  5. "Yemenia crash survivor goes home" (en inglés). 2009-07-23. Consultado o 2021-11-25. 
  6. "Informe final do accidente" (PDF). bea.aero. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2021. Consultado o 25 de novembro de 2021. 
  7. "7O-ADJ Yemenia - Yemen Airways Airbus A310-324 - cn 535 - Planespotters.net Just Aviation". web.archive.org. 2011-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2011. Consultado o 2021-11-25. 
  8. "Yemenia 7O-ADJ (Airbus A310 - MSN 535) (Ex F-GHEJ N535KR PP-PSE VP-BQU VR-BQU )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25. 
  9. "France charges Yemenia Airways over deadly 2009 crash - BBC News". web.archive.org. 2017-08-12. Archived from the original on 12 de agosto de 2017. Consultado o 2021-11-25.