Voo 5634 de Lufthansa CityLine
Voo 5634 de Lufthansa CityLine | |
---|---|
O avión accidentado en 1992
| |
Resumo | |
Data | 6 de xaneiro de 1993 |
Causa | esnafrouse antes da pista |
Lugar | preto de París-Charles de Gaulle |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Bremen |
Destino | París-Charles de Gaulle |
Finados | 4 |
Feridos | 19 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Dash 8-311 |
Operador | Lufthansa CityLine |
Rexistro | D-BEAT |
Pasaxeiros | 19 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 19 |
O voo 5634 de Lufthansa CityLine era un servizo entre o aeroporto de Bremen e o aeroporto de París-Charles de Gaulle. O día 6 de xaneiro de 1993 o Dash 8-311 que operaba a ruta, con rexistro D-BEAT, engalou de Bremen ás 17:55 con 23 pasaxeiros e tripulantes a bordo.[1]
Cando o avión estaba preto de París, un Boeing 747 de Korean Air tocou cun motor na pista mentres aterraba, causando que os controladores pechasen a pista brevemente. Aos pilotos notificóuselles o cambio de rumbo para outra pista. Na aproximación final o avión comezou a baixar a un ritmo maior e esnafrouse contra o chan golpeando primeiro coa cola a 1 800 metros do inicio da pista. O aparello rompeu en dúas partes pero non se incendiou. O accidente matou 4 pasaxeiros e 19 resultaron feridos.[1]
Avión e tripulación
[editar | editar a fonte]A aeronave implicada no accidente era un Bombardier Dash-8 con rexistro D-BEAT, impulsado por dous motores turbohélice Pratt & Whitney PW123. A aeronave realizou o seu primeiro voo o 14 de agosto de 1990 e foi entregado a Contact Air o 26 de agosto. Contact Air operou inicialmente a aeronave para a Deutsche Lufttransport-Gesellschaft (DLT), predecesora de Lufthansa CityLine. Un ano e medio despois, DLT fíxose cargo da aeronave, aínda que Contact Air era a encargada de operala.[2] No momento do accidente, a aeronave tiña 5 973 horas de voo. Segundo os documentos de voo, os límites de carga permitidos non foran excedidos e a posición do centro de gravidade da aeronave mantívose.
No momento do accidente, o capitán de 54 anos tiña unha experiencia de voo de 11 924 horas, das cales 2 003 eran neste tipo de aeronave. O primeiro oficial de 25 anos, que estaba encargado dos controis no momento do accidente, tiña unha experiencia de voo de 500 horas, 293 das cales eran neste tipo de aeronave.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident de Havilland Canada DHC-8-311 D-BEAT Paris-Charles de Gaulle Airport (CDG)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-24.
- ↑ "Informe do accidente" (PDF). BEA. Consultado o 13 de xaneiro de 2024.