Saltar ao contido

Voo 540 de ČSA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 540 de ČSA
Il-62 semellante ao do accidente
Resumo
Data  20 de agosto de 1975
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  a 17 km ao nordés do
aeroporto de Damasco
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Praga
Derradeira escala  aeroporto de Damasco
Destino  aeroporto de Mehrabad
Finados  126
Feridos  2
Aeronave
Tipo de aeronave Ilyushin Il-62
Operador  ČSA
Rexistro  OK-DBF
Pasaxeiros  117
Tripulación  11
Superviventes  2

O voo 540 de ČSA era un servizo regular internacional entre Praga e Teherán con escalas en Damasco e Bagdad. O voo, operado por un Ilyushin Il-62 bautizado como Brno Trade Fair, estaba na aproximación á pista 23R do aeroporto de Damasco o día 20 de agosto de 1975 descendendo con bo tempo cando se esnafrou a 17 km do aeroporto.[1] O avión rompeu e incendiouse no impacto; 126 dos 128 pasaxeiros e tripulantes morreron no accidente. É o peor accidente aéreo en Siria[2] e tamén o peor accidente da aeroliña.

Determinouse que a causa do accidente foi o fallo da tripulación en manter a altura mínima de voo.[3]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Ilyushin Il-62 OK-DBF Damascus International Airport (DAM)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-22. 
  2. "Czech plane crashes in desert, 126 dead". Eugene Register-Guard. Consultado o 2018-12-22. 
  3. Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. ISBN 978-1852605261.