Saltar ao contido

Voo 4509 de China Southwest Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 4509 de China Southwest Airlines
 Instancia de
Características
 Nave
Datas
 Data
24 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
Rui'an (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   61 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02q2w18 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 4509 de China Southwest Airlines era un servizo doméstico dende o aeroporto de Chengdu-Shuangliu, en Sichuan ata o aeroporto de Wenzhou-Yongqiang, en Zhejiang. O 24 de febreiro de 1999 o Tupolev Tu-154M que operaba a ruta esnafrouse mentres se aproximaba ao aeroporto de Wenzhou, matando aos 61 pasaxeiros e tripulantes a bordo.[1]

O avión era un Tupolev Tu-154M construído en 1990, con número de serie 90A-846 e equipado con tres motores Soloviev D-30. Inicialmente foi rexistrado na Unión Soviética como CCCP-85846. Foi entregado á Administración da Aviación Civil da China (CAAC) en abril dese ano e rexistrado como B-2622.[2]

Tripulación

[editar | editar a fonte]

A tripulación de voo estaba formada polo capitán Yao Fuchen, o primeiro oficial Xue Mao, o navegador Lan Zhangfenge o enxeñeiro de voo Guo Shuming. Había tamén sete asistentes de voo a bordo.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O 24 de febreiro de 1999 a tripulación estaba preparándose para aterrar no aeroporto de Wenzhou. Os flaps estaban estendidos aos 1 000 metros, pero segundos despois o nariz do avión baixou abruptamente, o aparello desintegrouse no aire e esnafrouse nunha zona de terreo alto estoupando. Varias persoas en terra resultaron feridas polos cascallos. Os 61 ocupantes do avión morreron.[1]

  1. 1 2 "Why China’s military relies on an ageing Russian passenger jet". South China Morning Post (en inglés). 2017-12-24. Consultado o 2018-12-15.
  2. "✈ russianplanes.net ✈ наша авиация". russianplanes.net. Consultado o 2018-12-15.