Voo 3597 de Crossair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 3597 de Crossair
O avión do accidente meses antes en Zúric
Resumo
Data  24 de novembro de 2001
Causa  voo controlado contra o terreo
debido a un erro do piloto
Lugar  Bassersdorf, Suíza
Coordenadas  Coordenadas: 47°27′14″N 8°37′24″L / 47.45388889, 8.62333333
Orixe  aeroporto de Berlín-Tegel
Destino  aeroporto de Zúric
Finados  24
Feridos  9
Aeronave
Tipo de aeronave Avro RJ100
Operador  Crossair
Rexistro  HB-IXM
Pasaxeiros  28
Tripulación  5
Superviventes  9

O voo 3597 de Crossair era un voo regular entre o aeroporto de Berlín-Tegel e o aeroporto de Zúric. O día 24 de novembro de 2001 o Avro RJ100, con rexistro HB-IXM, que operaba a ruta esnafrouse nuns outeiros cheos de árbores preto de Bassersdorf e incendiouse, matando a 24 dos seus 33 ocupantes.[1]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello do accidente, un Avro 146-RJ100 con rexistro HB-IXM, fora fabricado en 1996 e tiña máis de 13 000 hora de voo e 11 500 ciclos. O avión estaba equipado con catro motores turbofán Lycoming LF507-1F.[2]

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo saíu do aeroporto de Berlín-Tegel ás 21:01 CET con 28 pasaxeiros, tres asistentes de cabina e a tripulación de voo formada polo capitán Hans Ulrich Lutz, de 57 anos, e o primeiro oficial First Officer Stefan Löhrer, de 25. Lutz era un piloto moi experimentado con máis de 19 500 horas de voo, das cales 19 300 eran como piloto ao mando. Löehrer, en contraste, tiña só 490 horas de experiencia.

Swissair, un dos principais accionistas de Crossair, deixara aos seus avión en terra un mes antes do accidente debido a problemas financeiros.

Ao chegar a Zúric sobre unha hora despois da engalaxe, os pilotos foron autorizados para unha aproximación ILS á pista 14, pero esta cambiouse por unha aproximación VOR/DME á pista 28 debido a unha lei de ruídos ao pasar as 10:00 pm. Había unhas condicións de visibilidade pobres debido a nubes baixas, e o gravador de voces da cabina captuou a transmisión dun anterior aterraxe dun voo de Crossair informando á torre de que non puidera ver a pista ata os 4,1 km de distancia. Ás 22:07 CET, o aparello esnafrouse contra un outeiro boscoso preto do pequeno pobo de Bassersdorf, a uns 4 km da pista, onde rompeu e incendiouse. 24 persoas morreron, incluídos os pilotos e un asistente de cabina, mentres que novo sobreviviron.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aircraft accident investigation bureau (ed.). "Final Report No. 1793" (PDF). Consultado o 2018-12-10. 
  2. "Informe final do accidente" (PDF). Büro für Flugunfalluntersuchungen. Consultado o 2018-12-10.