Voo 358 de Air France

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 358 de Air France
O avión do accidente en 2004
Resumo
Data  2 de agosto de 2005
Causa  saída de pista pola
meteoroloxía adversa
Lugar  Toronto-Pearson
Coordenadas  Coordenadas: 43°39′23″N 79°37′29″O / 43.656444, -79.624722
Orixe  París-Charles de Gaulle
Destino  Toronto-Pearson
Feridos  43
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A340-313E
Operador  Air France
Rexistro  F-GLZQ
Pasaxeiros  297
Tripulación  12
Superviventes  309 (todos)

O voo 358 de Air France era un servizo internacional regular entre o aeroporto de París-Charles de Gaulle e o aeroporto de Toronto-Pearson. Na tarde do día 2 de agosto de 2005 mentres aterraba en Toronto o Airbus A340-313E que operaba a ruta acabou no río Etobicoke Creek, a 300 metros do final da pista, tras saírse dela. Os 309 pasaxeiros e tripulantes a bordo do Airbus sobreviviron, pero doce persoas quedaron gravemente feridas. O accidente destacou o papel vital que desempeñan os auxiliares de voo ben adestrados durante unha emerxencia.

Debido ás inclemencias do tempo canceláronse 540 voos que saían ou chegaban a Toronto-Pearson. Moitos avións pequenos e medianos tiveron que desviarse a outros aeroportos canadenses en Otava, London, Hamilton e Winnipeg. A meirande parte dos avión máis grandes desviáronse a Montreal, Syracuse, Nova York,[1] e Buffalo. O voos dende Vancouver tiveron que dar a volta. O accidente do voo 358 de Air France foi a maior crise vivida en Toronto-Pearson dende a Operación Yellow Ribbon.

Jean Lapierre, o Ministro de Transporte do Canadá, referiuse ao voo 358 como un "milagre" debido a que todos os pasaxeiros sobreviviron.[2] Outros medios bautizaron ao accidente como o "Milagre de Toronto",[2][3] ou o "Milagro da pista 24L".[4]

O accidente foi investigado pola Xunta de Seguridade do Transporte do Canadá (TSB), sendo o informe final publicado o 13 de decembro de 2007. As condicións meteorolóxicas desfavorables, e as pobres decisións na aterraxe por parte da tripulación atopáronse como os principais factores do accidente. Esta foi a primeira vez na que un Airbus A340 estaba involucrado nun accidente, rematando así cun rexistro limpo de 14 anos.

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O aparello que operaba o voo 358 era un Airbus A340-313E, con número de serie 289 e rexistro F-GLZQ; estaba equipado con catro motores CFM International CFM56.[5] O avión realizara o seu primeiro voo o 3 de agosto de 1999, e fora entregado a Air France o 7 de setembro dese ano. Realizara 3 711 voos acumulando un total de 28 426 horas. A súa derradeira revisión de mantemento realizárase o 5 de xullo de 2005.

Había 12 tripulantes a bordo do aparello. O piloto do avión era o capitán Alain Rosaye, de 57 anos, un piloto experimentado con 15 411 horas de voo. O copiloto era Frédéric Naud, de 43 anos, con 4 834 horas de voo.

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Dos 297 pasaxeiros a bordo do Airbus, había 168 homes adultos, 118 mulleres adultas e 11 nenos. Había unha mestura de nacionalidades, incluídos 104 cidadáns canadenses, 101 franceses, 19 italianos, 14 estadounidenses, 8 indios e 7 británicos.[6] Os pasaxeiros eran homes de negocios, xente de vacacións e estudantes.[7] Tres dos pasaxeiros estaban sentados en asentos da tripulación, un no terceiro asento da cabina de voo e dous na área de descanso dos tripulantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "News 10 Now | 24 Hour Local News | TOP STORIES". web.archive.org. 2007-03-03. Archived from the original on 03 de marzo de 2007. Consultado o 2018-12-16. 
  2. 2,0 2,1 "'We thought the plane would blow up'". The Sydney Morning Herald. Consultado o 2018-12-16. 
  3. "CNN.com - Transcripts". transcripts.cnn.com. Consultado o 2018-12-16. 
  4. "Pearson disaster was avoidable". Toronto Star. Archived from the original on 18 de xullo de 2006. Consultado o 2018-12-16. 
  5. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A340-313X F-GLZQ Toronto-Pearson International Airport, ON (YYZ)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-01. 
  6. "'A miracle' no deaths as Air France flight skids off runway, burns in Toronto". web.archive.org. 2008-06-11. Archived from the original on 11 de xuño de 2008. Consultado o 2019-01-18. 
  7. "Breaking News | KREM.com | News for Spokane, Washington". web.archive.org. 2008-12-26. Archived from the original on 26 de decembro de 2008. Consultado o 2019-01-18.