Voo 245 de Air India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 245 de Air India
Lockheed Constellation semellante ao do accidente
Resumo
Data  3 de novembro de 1950
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Mont Blanc
Coordenadas  Coordenadas: 45°49′59″N 6°51′35″L / 45.83305556, 6.85972222
Finados  48
Aeronave
Tipo de aeronave Lockheed L-749A Constellation
Operador  Air India
Rexistro  VT-CQP
Pasaxeiros  40
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 245 de Air India era un servizo regular de pasaxeiros que se esnafrou no Mont Blanc, Francia, o día 3 de novembro de 1950. Na mañá dese día o Lockheed L-749A Constellation Malabar Princess, con rexistro VT-CQP, pilotado polo piloto xefe Alan R. Saint, británico de 34 anos, e o copiloto V. Y. Korgaokar chocou contra o Mont Blanc. No avión, que realizaba unha ruta entre Bombai e Londres, con escalas en Istambul e Xenebra, ían 40 pasaxeiros e 8 tripulantes. No accidente morreron todos os ocupantes do aparello.[1][2][3]

Accidente[editar | editar a fonte]

A derradeira transmisión do avión, recibida polos controladores de Grenoble e Xenebra, was "Estou en vertical con Voiron, a 4 700 metros de altitude" ás 10:43 a.m.

O Malabar Princess impactou na cara de Rochers de la Tournette a 4 677 m, na parte francesa do Mont Blanc. O tempo tormentoso impediu os esforzos de rescate inmediatos; os restos foron localizados por un avión suízo o 5 de novembro, os equipos de rescate chegaron ao lugar dous días despois.[2] Non houbo superviventes.

16 anos despois, o voo 101 de Air India accidentouse case no mesmo lugar.[4] En setembro de 2013 un escalador descubriu xoias que se pensa que proceden dun deses dous voos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Malabar Princess". ghmorel.free.fr. Consultado o 2018-12-21. 
  2. 2,0 2,1 "The "Malabar Princess" Catastrophe". web.archive.org. 2009-06-20. Archived from the original on 20 de xuño de 2009. Consultado o 2018-12-21. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Lockheed L-749 Constellation VT-CQP Mont Blanc". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-21. 
  4. "Air India : The History of The Aircraft Fleet - Airwhiners.net". www.airwhiners.net. Consultado o 2018-12-22. 
  5. "Mysterious cache of jewels turns up atop French glacier". CNN. Consultado o 2018-12-22.