Saltar ao contido

Voo 215 de Philippine Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 215 de Philippine Airlines
HS-748 semellante ao do accidente
Resumo
Data  21 de abril de 1970
Causa  bomba
Lugar  Filipinas
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Cauayan
Destino  aeroporto de Manila
Finados  36
Aeronave
Tipo de aeronave Hawker Siddeley HS-748
Operador  Philippine Airlines
Rexistro  PI-C1022
Pasaxeiros  32
Tripulación  4
Superviventes  0

O voo 215 de Philippine Airlines era un servizo entre o aeroporto de Cauayan e o aeroporto de Manila que o día 21 de abril de 1970 estoupou no aire matando aos seus 36 ocupantes.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O 21 de abril de 1970 o voo 215 estaba en ruta dende o aeroporto de Cauayan ata o aeroporto de Manila cando, a 10 500 pés, houbo un estoupido no baño do avión. A sección de cola separouse do aparello e o HS-748 esnafrouse.[1]

Os 32 pasaxeiros e 4 tripulantes morreron no incidente.[1] Sospéitase que a causa do estoupido foi unha bomba no baño.[2]

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Hawker Siddeley HS-748-209 Srs. 2 PI-C1022 Cabanatuan". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-08. 
  2. "Philippine Air Lines plane crashes". www.airsafe.com. Consultado o 2019-01-08.