Durante a engalaxe, ás 8:15 a.m., un dos pneumáticos do McDonnell Douglas DC-9-32 rebentou e desintegrouse parcialmente, disparando anacos de caucho ao mecanismo do tren de aterraxe.[1] Isto activou unha advertencia de "tren de aterraxe non segura", levando ao piloto a abortar a engalaxe.[2] Porén, o avión xa percorrera dous terzos da lonxitude da pista 23L e ía a unha velocidade de 154 nós (285km/h).[3] Non foi capaz de parar antes do final da pista e afundiuse no bordo dun terraplén a unha velocidade de 60 nós (110km/h), acabando finalmente no barranco Etobicoke Creek.[4] A aparello rompeu en tres partes, pero a pesar de estar cargado de combustible non se incendiou.[3] O accidente foi visible dende a autoestrada Highway 401, que vai polo lado sur do aeroporto.
O avión quedou esnaquizado e dous pasaxeiros morreron. Ámbolos dous estaban sentados na parte dianteira que se separou da fuselaxe. Os 105 pasaxeiros e tripulantes restantes resultaron feridos.
A posterior investigación atopou múltiples causas do accidente. Recomendou un maior escrutinio aos pneumáticos.[2] O piloto, Reginald W. Stewart, atrasouse catro segundos despois de que a luz de advertencia se acendese antes de elixir abortar a engalaxe; unha decisión máis inmediata podería evitar o accidente.[3] Os investigadores tamén criticaron o nivel de adestramento nunha freada de emerxencia.[3] Tamén se cuestionou a presenza do terraplén ao final da pista, pero non se fixo nada.[4] Este fallo de non expandir a zona final da pista púxose de relevo novamente cando o voo 358 de Air France se afundiu no mesmo terraplén 27 anos despois.[5]