Voo 163 de Saudia
Voo 163 de Saudia | |
---|---|
Un L-1011 semellante ao do accidente.
| |
Resumo | |
Data | 19 de agosto de 1980 |
Causa | lume no avión e erro do piloto |
Lugar | Riad, Arabia Saudita |
Coordenadas | |
Finados | 301 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Lockheed L-1011-200 TriStar |
Operador | Saudia |
Rexistro | HZ-AHK |
Pasaxeiros | 287 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 0 |
O voo 163 de Saudia era un voo regular de pasaxeiros de Saudia que se incendiou despois de engalat no aeroporto de Riad (hoxe en día base da forza aérea) nun voo cara a Jeddah[1] o día 19 de agosto de 1980. Os 287 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do Lockheed L-1011-200 TriStar, con rexistro HZ-AHK, morreron despois de que o aparello fixese unha aterraxe de emerxencia volvendo ao aeroporto de Riad.
Nese momento, o accidente era o segundo con máis mortes da historia da aviación cun único avión implicado, despois do voo 981 de Turkish Airlines.[2] Trátase do sexto peor accidente de aviación da historia, despois do accidente de Los Rodeos, o voo 123 de Japan Airlines, o choque de Charkhi Dadri, o voo 981 de Turkish Airlines, e o voo 182 de Air India. Tamén é o peor accidente en Arabia Saudita e no cal estivo involucrado un Lockheed L-1011 TriStar.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado no aciidente era un Lockheed L-1011 TriStar, rexistrado en Arabia Saudita como HZ-AHK. Realizara o seu primeiro voo o día 13 de xullo de 1979, e fora entregado a Saudia o 21 de agosto dese ano.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ The New York Times (ed.). "Safety Board Urges Improvements in Fireproofing of Jumbo Jets". Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Saudia HZ-AHK (Lockheed L-1011 TriStar - MSN 1169) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-01-03.