Voo 182 de Air India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 182 de Air India
1985-06-10 VT-EFO Air India EGLL.jpg
O 747 do accidente
Resumo
Data  23 de xuño de 1985
Causa  bomba
Lugar  océano Atlántico
Finados  329 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-237B
Operador  Air India
Rexistro  VT-EFO
Pasaxeiros  307
Tripulación  22
Superviventes  0

O voo 182 de Air India era un voo de Air India que operaba a ruta Toronto-Montreal–-Londres-Delhi. O 23 de xuño de 1985 o Boeing 747-237B que operaba o voo foi destruído por unha bomba a 31 000 pés de altura (9 400 m). Estrellouse no océano Atlántico mentres estaba no espazo aéreo irlandés. Foi o primeiro atentado con bomba nun 747. Morreron un total de 329 persoas, incluídos 268 cidadáns canadenses, 27 británicos e 24 indios.[1] O incidente foi o máis grande asasinato en masa da historia do Canadá. Foi o ataque terrorista con máis mortos nun avión ata os atentados do 11 de setembro de 2001,[2] e é tamén o atentado con bomba nun avión con máis mortes.[3] O atentado do voo 182 de Air India ocorreu ao mesmo tempo que o atentado no aeroporto de Narita, en Tokyo. Os investigadores cren que os dous feitos estaban vinculados, e que os responsables buscaban un drobre atentado. Porén, a bomba en Narita estupou antes de que puidese ser cargada nun avión.

A policía canadense determinou que os principais sospeitosos do atentado eran membros do grupo militante Sikh Babbar Khalsa. Crese que o ataque foi unha represalia contra a India pola operación lvada a cabo polo seu exército, a operación Blue Star, para expulsar a varios centos de militantes Sikh que estaban dentro das instalacións do Templo Dourado e nas estruturas que o rodeaban. A operación fora ordenada polo goberno indio, encabezado por Indira Gandhi. Aínda que un feixe de membros foron arrestados e xulgados, Inderjit Singh Reyat, un cidadán canadense, segue sendo a única persoa condenada por participar no atentado. Singh declarouse culpable de homicidio involuntario en 2003. Foi sentenciado a 15 anos de cadea por fabricar as bombas que estouparon no voo 182 e en Narita.[4]

A investigación e proceso posterior durou case vinte anos e foi o xuízo máis caro da historia do Canadá, costando preto de 130 millóns de dólares canadenses. O Gobernador Xeral en 2006 nomeou ao ex-xuíz da Corte Suprema John Major para dirixir unha comisión de investigación. O seu informe cmpletouse e publicouse o 17 de xuño de 2010. Este concluía que unha serie de erros do goberno d Canadá, da Policía Montada, e da Axencia de Intelixencia e Seguridade permitiran que o ataque terrorista tivese lugar.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CBC (ed.). "The Victims". Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  2. top5ofanything.com (ed.). "The Top 5 Deadliest Terrorist Attacks in Modern History". Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  3. CBC (ed.). "The Bombing of Air India Flight 182". Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  4. Reuters (ed.). "Canadian convicted of lying in Air India bomb case". Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  5. CBC (ed.). "Air India case marred by 'inexcusable' errors". Consultado o 27 de xaneiro de 2017.