Voo 1320 de Eastern Air Lines Shuttle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1320 de Eastern Air Lines Shuttle
DC-9 semellante ao do accidente
Resumo
Data  17 de marzo de 1970
Causa  secuestro
Lugar  aeroporto Logan
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Newark
Destino  aeroporto Logan
Finados  1
Feridos  2
Aeronave
Operador  Eastern Air Lines
Rexistro  N8925E
Pasaxeiros  68
Tripulación  5
Superviventes  72

O voo 1320 de Eastern Air Lines Shuttle era un servizo de pasaxeiros entre Newark e Boston que foi secuestrado ao redor das 7:30 p.m. do día 17 de marzo de 1970 por John J. Divivo, armado cun revólver do calibre 38.[1] O capitán Robert Wilbur Jr., de 35 anos e antigo piloto da forza aérea que fora promocionado a capitán só seis meses antes, foi disparado no brazo polo secuestrador. A pesar das súas feridas, voou o avión con seguridade ata aterralo mentres falaba coa torre, dicíndolle que o copiloto fora disparado (pero non el) e necesitaba unha ambulancia. O seu copiloto, o primeiro oficial James Hartley, de 30 anos, fora disparado sen aviso por Divivo e colapsou. A pesar de resultar mortalmente ferido Hartley recuperouse o suficiente como para quitarlle a arma a Divivo e dispararlle tres veces antes de caer inconsciente e finalmente morrer. Aínda que resultou ferido e caeu entre os asentos, Divivo levantouse e comezou a golpear ao capitán Wilbur, intentando forzar un accidente. Wilbur golpeou a Divivo na cabeza coa arma que recuperara da consola central.[2] O piloto foi capaz de aterrar o avión no aeroporto Logan de Boston, e o secuestrador foi arrestado inmediatamente.[3] O día 1 de novembro Divivo colgouse mentres agardaba o seu xuízo na cadea.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-31 N8925E Boston-Logan International Airport, MA (BOS)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-08. 
  2. "One heck of an in-air gunfight on a civilian jet". Boston.com. Consultado o 2019-01-08. 
  3. Walker, Adrian. "Friends in high places". Boston.com. Consultado o 2019-01-08. 
  4. "Eastern Airlines Hijacking of 1970, resulted in the First Air Piracy Death in U.S. History". www.celebrateboston.com. Consultado o 2019-01-08.