Voo 1008 de Dan-Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1008 de Dan-Air
O 727 do accidente.
Resumo
Data  25 de abril de 1980
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Tenerife
Coordenadas  Coordenadas: 28°23′53″N 16°25′05″O / 28.398055555556, -16.418055555556
Finados  146 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727-46
Operador  Dan-Air Services Limited
Rexistro  G-BDAN
Pasaxeiros  138
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 1008 de Dan-Air foi un accidente de aviación dun Boeing 727-46 operado pola aeroliña Dan-Air Services Limited. O día 25 de abril de 1980 o avión, con rexistro G-BDAN, realizaba un servizo internacional non regular entre Manchester e Tenerife e estrelouse nun bosque da montaña tinerfeña La Esperanza, a 20 km do aeroporto de Los Rodeos, mentres a tripulación executaba erroneamente un patrón de espera nunha zona con terreo elevado. O avión quedou esnaquizado morrendo as 146 persoas a bordo (138 pasaxeiros e 8 tripulantes).[1] O voo 1008 foi o segundo accidente grave de Dan-Air en 10 anos.

Avión[editar | editar a fonte]

O avión, operado por Dan Air Services Ltd, era un Boeing 727-46 (con número de serie do fabricante 19279 e rexistro G-BDAN) que realizara o seu primeiro voo en 1966.[1] Dan-Air fixérase co aparello en agosto de 1974.[2] No momento do accidente a fuselaxe levaba acumuladas 30 622 horas de voo.[1]

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo 1008 era un servizo chárter dende o aeroporto de Manchester ata o aeroporto de Tenerife Norte. O avión estaba a 26 quilómetros da baliza VOR/DME 'TFN' cando foi autorizado a dirixirse á baliza 'FP' para unha aproximación á pista 12 despois de chegar a 'TFN'. Inicialmente atopábase a nivel de voo FL 110 e foi autorizado a baixar ata FL 60. A tripulación informou pasar 'TFN' e solicitouselle unirse a un patrón de espera non stándar sobre a baliza 'FP'. Este patrón de espera non era un procedemento publicado e a tripulación non tiña unha carta del, pero aceptaron as instrucións. De feito, o avión non pasou sobre 'FP' pero voou cara ao sur da baliza e informou que estaban "entrando na espera". Un minuto despois o voo foi autorizado a descender a 5 000 pés (1 500 m).

Aínda que o piloto ao mando dixera que entrara na espera segundo as instrucións dos controladores de tráfico aéreo, realmente virou o avión á esquerda cara ao sueste en dirección a unha zona de terreo alto onde a altura mínima de seguridade era de 14 500 pés (4 400 m). Cando o avión descendía ata os 5 000 pés o Sistema de Advertencia de Proximidade ao Terreo (GPWS) activouse e a tripulación reaccionou rapidamente comezando a subir. Cos motores a plena potencia o avión iniciou un abripto xiro á dereito e golpeou o monte La Esperanza ás 13:21:15 hora local. O avión estaba voando entre nubes cando chocou contra a montaña.[3] O impacto esnaquizou completamente o aparello matando a todos os seus ocupantes e deixando un sendeiro de restos de 350 metros de longo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  2. "Historical Ledger for G-BDAN" (PDF). Consultado o 19 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Informe do accidente" (PDF). CIAIAC. Consultado o 2019-1-3.