Volta ao País Vasco 2018
| Tipo | Itzulia Basque Country |
|---|---|
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Parte de | UCI WorldTour 2018 |
| Distancia do evento | 819,9 km |
| Lugar de saída | Zarautz |
| Liña de meta | Eibar |
| Número de participantes | 153, inicio 99, final 22 |
| Participantes | |
AG2R La Mondiale 2018, Astana 2018, Bahrain-Merida 2018, BMC Racing 2018, Bora-Hansgrohe 2018, Dimension Data 2018, EF Education First-Drapac 2018, Groupama-FDJ 2018, Katusha-Alpecin 2018, Lotto-Soudal 2018, Mitchelton-Scott 2018, Movistar 2018, Quick-Step Floors 2018, Sky 2018, Lotto NL-Jumbo 2018, Sunweb 2018, Trek-Segafredo 2018, UAE Emirates 2018, Burgos BH 2018, Caja Rural-Seguros RGA 2018, Cofidis 2018 e Euskadi Basque Country-Murias 2018 | |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 2 de abril de 2018 – 7 de abril de 2018 |
| Número de edición | 58 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Primož Roglič Mikel Landa Ion Izagirre Carlos Verona Enric Mas Movistar 2018 Primož Roglič |
| Outro | |
| Páxina web oficial | vueltapaisvasco.diariovasco.com |
A 58ª edición da Volta ao País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko 58. Itzulia, oficialmente: 2018 Itzulia Basque Country) foi a carreira ciclista por etapas que percorreu o País Vasco do o 2 ao 7 de abril de 2018.
Como é habitual, a carreira estivo formada por cinco etapas en liña e unha contra reloxo individual. Comezou en Zarautz, Guipúscoa e tras 819,9 quilómetros de percorrido rematou no epicentro do ciclismo vasco, a tamén guipuscoana vila de Éibar. A etapa raíña foi a sexta e final, co mítico ascenso a Arrate en Éibar para pechar a rolda vasca.
Esta carreira foi a décimo cuarta proba do UCI WorldTour 2018. Nesta edición houbo diversos cambios na carreira. Ademais de mudar o seu nome oficial, tamén se variaron as clasificacións secundarias. O maillot azul que antes era para o mellor das metas voantes pasou a ser para a nova clasificación dos máis xoves, mentres que o xersei dos puntos pasou de ser de cor branca a verde. O xersei de fondo vermello con puntos brancos da montaña continuou a ser o mesmo.
O vencedor xeral da volta foi o esloveno Primož Roglič que aproveitou a súa supremacía na modalidade contra o reloxo para impoñerse aos seus rivais máis directos. Ademais fíxose co xersei verde da clasificación dos puntos. Completando os caixóns do podio acabaron dous locais: no segundo lugar o alavés do Movistar Mikel Landa e na terceira praza o guipuscoano do Bahrain-Merida Ion Izagirre.
No resto de clasificacións os gañadores foron os seguintes: Carlos Verona na clasificación da montaña, Enric Mas na dos xoves e o Movistar Team entre os equipos.
Equipos
[editar | editar a fonte]Este ano na proba ciclista vasca correron 22 equipos (os 18 da máxima categoría e 4 Profesionais Continentais) de 7 corredores, o que sumou un pelotón inicial 154 ciclistas.
Etapas
[editar | editar a fonte]Nesta edición outórganse bonificacións para os tres primeiros nos sprints intermedios e en meta ao final de cada etapa. Estas bonificacións son de 3, 2, 1 e 6, 3, 1 segundos, respectivamente
| Etapa | Data | Percorrido | km | Tipo[1] | Vencedor | Líder | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1[2] | 2 de abril | Zarautz - Zarautz | 162,1 | Etapa de media montaña | |||
| 2[3] | 3 de abril | Zarautz - Bermeo | 166,7 | Etapa de media montaña | |||
| 3[4] | 4 de abril | Bermeo - Gaubea | 184,8 | Etapa escarpada | |||
| 4[5] | 5 de abril | Lodosa - Lodosa | 19,4 | Contra o reloxo individual | |||
| 5[6] | 6 de abril | Gasteiz - Éibar | 164,7 | Etapa de montaña | |||
| 6[7] | 7 de abril | Éibar - Arrate | 122,2 | Etapa de montaña | |||
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| LottoNL-Jumbo | 20h 53' 47" | ||
| 2 | Movistar Team | + 1' 09" | |
| 3 | Bahrain-Merida | + 1' 42" | |
| 4 | Bora-Hansgrohe | + 3' 14" | |
| 5 | Movistar Team | + 3' 17" | |
| 6 | Quick-Step Floors | + 3' 29" | |
| 7 | Trek-Segafredo | + 3' 50" | |
| 8 | Astana | + 4' 14" | |
| 9 | Team Sky | + 4' 15" | |
| 10 | Bora-Hansgrohe | + 5' 30" |
Outras clasificacións
[editar | editar a fonte]Clasificación da montaña
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Mitchelton | 55 | ||
| 2 | Bahrain | 34 | |
| 3 | Lotto | 32 | |
| 4 | Quick-Step | 19 | |
| 5 | Movistar | 18 |
Clasificación da regularidade
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Lotto | 92 | ||
| 2 | Quick-Step | 68 | |
| 3 | Quick-Step | 48 | |
| 4 | Movistar | 46 | |
| 5 | Astana | 43 |
Clasificación dos xoves
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Quick-Step | 20h 57' 16" | ||
| 2 | Mitchelton | + 6' 52" | |
| 3 | Lotto | + 9' 26" | |
| 4 | Caja Rural | + 11' 14" | |
| 5 | FDJ | + 15' 16" |
Clasificación por equipos
[editar | editar a fonte]| Pos. | Equipo | Tempo |
|---|---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vuelta País Vasco 2018: Perfiles y dorsales oficiales". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ "1ª Vuelta País Vasco: Alaphilippe gana y Roglic araña". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ "2ª Vuelta País Vasco: Alaphilippe y Quick Step a lo suyo". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ "3ª Vuelta País Vasco: McCarthy, las mismas que Sagan". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ "4ª Vuelta País Vasco: Roglic pone el amarillo en su sitio". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ "5ª Vuelta País Vasco: Landa anima, Roglic responde, Fraile gana". Ciclo21. Consultado o 8 de abril de 2018.
- ↑ "6ª Vuelta País Vasco: Roglic, el indestructible". Ciclo21. Consultado o 8 de abril de 2018.