Volcán Cotopaxi
| (es) Cotopaxi | ||||
| Tipo | montaña estratovolcán | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Rexión Serra | |||
| Localizado na área protexida | Parque Nacional Cotopaxi | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Provincia de Cotopaxi, Ecuador e cantón Latacunga, Ecuador | |||
| Localización | Parque Nacional Cotopaxi | |||
| ||||
| Cordilleira | Andes | |||
| Características | ||||
| Altitude | 5.897 m | |||
| Prominencia topográfica | 2.404 m | |||
| Illamento topográfico | 96,67 km | |||
| Material ou ingrediente | tufo | |||
| Historia | ||||
| Período | Plistoceno | |||
| Cronoloxía | ||||
| 28 de novembro de 1872 | primeira ascensión, ⇒ Wilhelm Reiß (pt) | |||
| 2022- | derradeira erupción volcánica | |||
O volcán de Cotopaxi localízase no Ecuador, e é un dos máis altos volcáns no mundo, sendo só superado polo Llullaillaco con 6.739 metros de altitude na fronteira entre Chile e a Arxentina. O Cotopaxi encóntrase a uns 50 km ao Sur de Quito.
Desde 1738 xa ocorreron máis de 50 erupcións neste volcán. Ao redor do volcán encóntranse numerosos vales formados por lahars. A cidade de Latacunga xa foi completamente destruída dúas veces como resultado das erupcións deste volcán. As erupcións máis violentas ocorreron en 1744, 1768 e en 1877. A última grande erupción ocorreu en 1904, ocorrendo tamén algunha actividade en 1942.
O volcán de Cotopaxi é o segundo maior volcán activo de Ecuador, sendo o máis alto o Chimborazo. Estes son dos volcáns activos máis altos do mundo, sendo "Ojos del Salado", volcán do Chile que ten 6.893 m de altitude, o máis alto.

Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos en igepn.edu.ec
- Smithsonian, Programa Volcanismo Global, Cotopaxi Arquivado 01 de setembro de 2006 en Wayback Machine.
