Võ Văn Kiệt
(Redirixido desde "Vo Van Kiet")
Vo Van Kiet ,Võ Văn Kiệt, nado en Trung Hiep o 23 de novembro de 1922, finado en Singapur o 11 de xuño de 2008, foi un político vietnamita e Primeiro Ministro de Vietnam (en 1988 e entre 1991 e 1997).
Biografía[editar | editar a fonte]
Naceu na poboación de Trung Hiep. A súa primeira dona e seus dous fillos morreron a causa dunha bomba do exército norteamericano durante a Guerra de Vietnam.
Foi admitido no Partido Comunista de Indochina en 1939. Uniuse ao Movemento Xuvenil Anti-imperialista e participou na insurrección de Nam Kỳ (Cochinchina) no distrito de Vũng Liêm.
Foi primeiro Ministro de Vietnam desde o 8 de agosto de 1991 até o 25 de setembro de 1997. Tamén xa actuara como tal desde o 10 de marzo de 1988 até o 22 de xuño do mesmo 1988.
Primeiro Ministro de Vietnam | ||
---|---|---|
Segue a: Pham Hung |
Võ Văn Kiệt
(1988-1988)
|
Precede a: Do Muoi |
Segue a: Do Muoi |
Võ Văn Kiệt
(1991-1997)
|
Precede a: Phan Van Khai |
|