Virxe de Begoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Virxe de Begoña
Tallabegona.jpg
A Virxe de Begoña
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónen Begoña (Bilbao)
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade11 de outubro
Santuario principalBasílica da Nosa Señora de Begoña
Patroa deBiscaia, Xixón

A Virxe de Begoña é unha advocación mariana católica orixinaria da elizalde de Begoña, actualmente no concello de Bilbao. Foi declarada canonicamente patroa de Bilbao e Biscaia en 1903 por Pío X, e a súa festividade celébrase o 11 de outubro. Venérase na Basílica da Nosa Señora de Begoña, que comezou a construírse no século XVI.

Tamén é a patroa de Xixón. Atópase na parroquia da nosa Señora de Begoña, na Avenida da Costa. Esta advocación apareceu na cidade no século XVIII, coa construción dunha capela na súa honra.

Venérase tamén nunha ermida en Almáciga (no concello de Santa Cruz de Tenerife), nunha gruta en Miraflores de la Sierra, na Coloñia Virgen de Begoña de Madrid e en Naguanagua (Venezuela).