Saltar ao contido

Violación conxugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Violación conxugal criminalizada      Violación conxugal non criminalizada      A violación conxugal non está tipificada como delito, mais o sexo conxugal forzado segue sendo punible.      Status legal pouco claro

A violación conxugal consiste na relación sexual sen o consentimento dun dos cónxuxes. A falta de consentimento é o elemento esencial e non necesita involucrar violencia. A violación conxugal considérase unha forma de violencia doméstica e abuso sexual. Aínda que, historicamente, as relacións sexuais dentro do matrimonio se consideraban un dereito dos cónxuxes, participar no acto sen o consentimento do cónxuxe agora é amplamente recoñecido pola lei e a sociedade como algo incorrecto e como un crime. É recoñecido como violación por moitas sociedades en todo o mundo, repudiado por convencións internacionais e cada vez máis criminalizado.

As cuestións sobre a violencia sexual e doméstica dentro do matrimonio e a unidade familiar, e máis polo miúdo, a cuestión da violencia contra as mulleres, recibiron unha crecente atención internacional dende a segunda metade do século XX. Aínda así, en moitos países, a violación conxugal permanece fóra da lei penal, ou é ilegal pero amplamente tolerada. De cando en cando aplícanse as leis, debido a factores que van dende a reticencia das autoridades a perseguir o delito até a falta de coñecemento público de que as relacións sexuais nun matrimonio sen consentimento son ilegais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]