Vilar de Mouros, Portugal
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | ||||
Concello | Caminha | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10,38 km² | ||||
Vilar de Mouros é unha freguesía portuguesa do concello de Caminha, con 9 km² de área e 753 habitantes (2011). Está atravesada polo río Coura.
Desde 1971 celébrase nela o Festival de Vilar de Mouros.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A ponte medieval de Vilar de Mouros sobre o río Coura é de arquitectura civil pública gótica, construída a finais do século XIV ou comezos do XV seguindo o modelo criado na ponte de Ponte de Lima. En 1910 foi declarada Monumento Nacional. Está constituída por tres arcos lixeiramente quebrados, sendo o medio de maior dimensións, e un taboleiro en cavalete. Foi restaurada en 2008.
Da Torre de Vilar de Mouros, desmantelada en 1838, consérvase o topónimo e algunhas pedras reutilizadas na construción de vivendas e nos piares da ponte.
Entre o patrimonio relixioso destaca a igrexa parroquial, a Igrexa Nova (Senhor dos Passos), e as capelas da Senhora do Crasto, São Brás, Santo Amaro, São Sebastião, Santa Luzia, A Senhora da Lapa, O Bom Sucesso e Santo António.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte sobre o río Coura.
-
Igrexa Nova.
-
Fachada da igrexa parroquial.
-
Porta norte da igrexa parroquial.
-
Capela de Santo Amaro.
-
Interior da capela de Santo Amaro.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |