Saltar ao contido

Vilameán, Nigrán, Nigrán

Vilameán

Casa do Concello de Nigrán.
ParroquiaNigrán
ConcelloNigrán
Coordenadas42°08′35″N 8°48′23″O / 42.143075043959, -8.8064673186174
Poboación1.472 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Vilameán[1] é un lugar da parroquia de San Fiz de Nigrán no concello pontevedrés de Nigrán, na comarca de Vigo. Segundo o IGE[2] en 2022 tiña 1.472 habitantes (736 mulleres e 736 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 865 habitantes. É o maior núcleo de poboación do concello.

Linda cos seguintes lugares da parroquia: Coa Angustia ao norte, coas Telleiras ao leste e con Canido ao suroeste; co lugar de Rans da parroquia de San Pedro da Ramallosa ao sur e coa Area Alta e co Carregal da parroquia de Panxón ao oeste e ó noroeste respectivamente.

En Vilameán atópase a casa do concello de Nigrán, como tamén o colexio público de primaria, CEIP Humberto Juanes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo é o latín Villam Medianam, un composto do substantivo villa (en galego vila) cun adxectivo derivado de medium (en galego medio).[3]

O adxectivo meán, meá é o resultado galego do latín medianusa, –um, derivado á súa vez do substativo medium ou do adxectivo medius, –a, –um. Segundo podemos observar nos textos medievais, as formas patrimoniais galegas meán, meao, meá, o mesmo ca meo e mea, tiveron competencia dende moi cedo cos cultismos mediano, mediana e medio~médeo, media~médea.[4]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Nigrán

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Nigrán no concello de Nigrán (Pontevedra)

A Angustia | A Barxa | Canido | O Ceán | A Devesa | Grolos | A Igrexa | A Lagoíña | O Lugar do Monte | Nigrán | A Nogueira | O Outeiro | Paradellas | A Pateira | O Río do Cabalo | A Tarela | As Telleiras | Vilameán

Parroquias de Nigrán

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro)

  1. Nomenclátor Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine., Xunta de Galicia.
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  3. edu.xunta.gal (ed.). "Apuntes de Toponimia (Latín II)" (PDF) (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  4. Navaza, Gonzola. Homenaxe á profesora Camiño Noia.