Victorio de Aquitania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victorio de Aquitania
Nacementoséculo IVxuliano
 Limoges
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmatemático e astrónomo
editar datos en Wikidata ]

Vitorio de Aquitania foi un monxe do século V, autor de varios traballos relacionados coa teoloxía, a astronomía e as matemáticas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente en Aquitania, probablemente nacera en Augustoritum (actual Limoges). Era, por tanto, paisano do cronista Próspero, e coincidiu en Roma na mesma época ca el.

Cursus Paschalis[editar | editar a fonte]

En 457 publicou o denominado Cursus Paschalis, baseándose na listaxe de cónsules que aparecía na chronica de Próspero. Esta relación fixo crer aos historiadores que Próspero estivera traballando en algo semellante durante algún tempo. O caso é que Victorio publicou o seu traballo só dous anos despois da última actualización que publicou Próspero da súa crónica.

A partir de 457 Victorio deixou baldeira a columna onde irían os nomes dos cónsules, pero as súas táboas continuaron ata o 559 d. C. ou Anno Passionis 532 (Victorio datou a Paixón no 28), de aí o nome cursus paschalis annorum DXXXII. Esta primeira versión tivo continuidade por parte doutros autores, que foron incluíndo os nomes dos cónsules a medida que pasaba o tempo.

Influencia posterior do cursus paschalis[editar | editar a fonte]

En 541 un sínodo na Gallia declarou oficial o sistema de datación fixado no cursus paschalis.

En 743 aínda se utilizaba en traballos históricos en Inglaterra como testemuña unha listaxe dos reis de Anglia Oriental elaborada entón, que tiña datación dobre, a era de Victorio e a de Dionisio.

En 773 usouse nunha carta dirixida a Carlomagno.

Probablemente, a continuación do traballo de Victorio foi unha das fontes utilizadas tanto por Beda, onde soubo que Flavio Aecio fora cónsul por terceira vez en 446, coma polo autor de Historia brittonum.

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Victorio tamén compuxo unha táboa de multiplicar, consistente en números romanos dispostos en 98 columnas, que proporcionaba o resultado de multiplicar cada cifra por outras cifras dende 2 ata 50. As filas eran "unha listaxe de cifras decrecentes de 100 en 100 dende 1000 ata 100, logo ata 10 de 10 en 10, logo ata 1 de 1 en 1, e logo as fraccións ata 1/144".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Victorii Aquitani Cursus Paschalis annorum DXXXII, ed. T. Mommsen, in: Chronica Minora Saec. IV, V, VI, VII vol. 1, pp. 667–735 (table 686–735), (1892, repr. Berlin 1961).
  • David W. Maher and John F. Makowski. "Literary evidence for Roman arithmetic with fractions". Classical Philology 96/4 (October 2001) 376–399.