Vicente Paz Infante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Paz Infante
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata (127/128 anos)
O Vicedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Vicente Paz Infante, nado no concello de Riobarba (hoxe O Vicedo) en 1896 e finado en Buenos Aires en 1938, foi un sindicalista e dirixente societario galego na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rebelouse contra a educación católica da familia que o educou no Seminario, e aos 18 anos emigrou a Cuba, onde foi secretario xeral do Sindicato da industria do café. Extraditado a España pola ditadura de Mario García Menocal, foi enviado a prisión. Despois exíliase no Uruguai e logo marcha á Arxentina. Afíliase á Sociedad Vivariense e ingresa na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales a través de Nueva Era de Vilanova. Fundou a sociedade Hijos de Riobarba, que dirixiu até a súa morte. Militou no Centro de Socialistas Españoles e no Centro Republicano Español. Socialista marxista, combateu as ideas nacionalistas aínda que admiraba a Suárez Picallo. Foi membro da xunta executiva da Federación en 1927 e 1928 e a finais dese ano foi elixido secretario xeral da Federación. Foi o principal protagonista da ruptura da Federación en 1929 e da creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista, onde participou no comité de prensa e colaborou en Acción Gallega. Foi tamén axente da fusión das dúas federacións en 1936. Morreu en Buenos Aires en 1938 con 42 anos. Foi amigo de José Cobelo e Alfredo Baltar, que continuaron o seu ideario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Paz Infante, el emigrante de Riobarba que dirigió la Federación de Sociedades Gallegas" in La Voz de Galicia (Viveiro), 8-10-2017