Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires
Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1929 |
Data de disolución | 1937 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires foi unha agrupación constituída en 1929 por dezanove sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Buenos Aires.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales produciouse un enfrontamento entre nacionalistas e non nacionalistas que provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Editaba o periódico Acción Gallega. Mantivo constantes enfrontamentos coa Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. O seu primeiro secretario xeral foi J. Torrado, a quen sucedeu Antonio Reino Caamaño, e entre os seus dirixentes figuraron Ángel Martínez Castro, Vicente Paz Infante, Benito González Iglesias, Cándido Otero, Miguel Navas e Maximino Misa Puga, que foi secretario xeral en 1931.
A partir de 1937 volveu unificarse coa Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales para constituír a Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. pp. 51–60. ISBN 978-950-786-574-9.