Vicente Páramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Páramo
Biografía
NacementoSarria, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Vicente Páramo Losada, nado en Sarria e finado en Lugo o 3 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa aos concelleiros da II República de Sarria.

Coa proclamación da República e a anulación das elección do 12 de abril, o 23 de abril de 1931 foi nomeado vogal da Comisión Xestora que presidiu Camilo González Macía.[1] Militante de ORGA, foi vogal do Centro Republicano de Sarria. Foi un dos fundadores do periódico Loita.

Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro acusado da repartición de follas clandestinas.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 20 preto de Monforte de Lemos. Xulgado en Lugo, foi condenado a morte. Foi executado en Lugo o 3 de setembro de 1936.

Foi tío de Antonio Páramo Sánchez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Penoucos, X. R. "La proclamación en Sarria". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 26 de maio de 2018. 
  2. El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]